PROGRAMA REVITALIZA

A xestión de residuos é un dos principais problemas ambientais aos que diariamente se teñen que enfrontar os Concellos.

A Deputación de Pontevedra fai unha aposta clara pola colaboración cos concellos na posta en marcha de plantas de tratamento biolóxico e polo impulso da compostaxe,

tanto a escala individual como comunitaria e comarcal.

 

É precisa a colaboración da poboación local para reducir os elevados custes da recollida e tratamento dos residuos,separando elevando a materia orgánica aos composteiros.

Este programa vai dirixido ao alumnado de educación infantil, primaria,secundaria  e bacharelato dos centros educativos pertencentes aos concellos adscritos ao Plan Revitaliza

da Deputación de Pontevedra,acompañado dunha formación especifica tamén para o profesorado.

Ao largo do curso realizaremos varias actividades:

- XORNADA DE FORMACIÓN PARA O PROFESORADO: Xoves 9 de decembro

                                                                     

- CHARLA - COLOQUIO: A VOLTAS COA COMPOSTAXE. Para o alumnado de 3º,4º,5º e 6º

Consiste nun achegamento ao tema do lixo doméstico (tipoloxía,volume,precaucións),a súa xestión e tratamento,e o proceso de compostaxe da fracción orgánica.

- QUEN VIVE AÍ?. Para alumnado de 3º,4º,5º e 6º.

Realizarase a identificación de invertebrados presentes no composteiro coa axuda de material de aumento,láminas identificativas e chaves dicotómicas,

sinalando a súa función no proceso da compostaxe.

- O XIRAVAI DE ECOCOL. Para o alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria

Proposta coa que o alumnado aprenderá o proceso de elaboración do compost para axudar a coidar a nosa terra.Concienciar sobre a importancia

da compostaxe para coidar do planeta,lograr unha vida máis ecóloxica e unha reutilización de biorresiduos que favorezan a fertilidade das hortas e

un consumo alimenticio dos/das humanos e animais máis natural e saudable.


A proposta desenvolveuse en tres seccións:

O conto dos Bichocos.

“O xiravai de Ecocol”. Taboleiro de xogo.

O crebacabezas: “Compostando cos petís”.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet