6º Curso

XVIII REBUMBIO MATEMÁTICO

 

 

O pasado 27 de abril, tres dos nosos alumnos de sexto, Xosé Castro, Eliot Meizoso e María Permuy,  participaron na XVIII edición do Rebumbio Matemático.

Esta actividade está organizada pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA). Trátase dunha actividade que quere fomentar o espírito cooperativo e o traballo en equipo. Os alumnos tiveron que resolver seis problemas de forma conxunta. Na súa realización alternáronse actividades de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento.

Na valoración dos traballos terase en conta o método empregado, a súa orixinalidade, os procesos de representación e a expresión escrita. O próximo 4 de maio coñeceremos a relación de equipos clasificados para a fase final.

 

BO NADAL!

Sorry, flash is not available.

Distribuir contido