Ed. física

Carreira de campo a través

O luns 27 de marzo o noso alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou na carreira de campo a través organizada por XOGADE  na Fraga xunto co alumnado do CEIP A Magdalena e do CEIP A Fraga.

O rematar todos os participantes desfrutaron dunha merenda, grazas a ANPA, para repoñer forzas.

Recreos para tod@s

Esta semana comezamos con unha nova organización dos recreos. Ágora cada día temos un material diferentes asignado para poder xogar. Ademáis da cantidade de xogos que coñecemos para poder desfrutar tod@s do recreo sen material como por exemplo, os xogos de pilla.

Esperamos poder mostrarvos dentro de moi pouquiño as novidades que estamos preparando para que os tempos de lecer sexan divertidos e adaptados para todo o noso alumnado.

Entroido saudable

O noso Entroido foi moi saudable!!

Primeiro os mandadiños do Meco mandaronos traer unha froita na cabeza!!! Que artistas as nosas familias. Aquí podedes ver algún exemplo, neste caso os alumnos/as de 5º de E. Primaria que como vedes seguen conseguindo un montón de puntos no froitómetro.

              

O venres desfilamos por todo o pobo como deportistas. Os nenos e nenas de Educación Infantil foron de xinetes, os de 1º e 2º de dianas de tiro con arco, os de 3º e 4º de xogadores e xogadoras de esgrima e por último os de 5º e 6º de buceadores/as.

                         

Seguimos promovendo os hábitos saudables en todas as nosas actividades.

Froitómetro

En xaneiro comezamos unha nova proposta para mellor os hábitos saudables do noso alumnado, concretamente os hábitos alimenticios. Así, o alumnado recibía un punto cada vez que trae de merenda o colegio unha peza de froita fresca. A proposta está sendo todo un éxito.

Unha vez rematado o mes de xaneiro, os alumnos/as que máis froita comeron recibiron un pequeno agasallo

 

Recreos activos

O venres durante o recreo empregamos o material de Educación Física para facer máis activos e divertidos os recreos. Foi un éxito.

 

O venres foi o turno das cordas e das raquetas de shuttleball cos supervolantes.

A mochila deportiva viaxeira

A semana pasada sorteamos as mochilas deportivas viaxeiras. Estes foron algúns dos afortunados:

 

Nas próximas semanas seguirá viaxando polas diferentes casas para que desfrutedes delas en familia.

A mascota do PVAD

Os alumn@s de Educación Primaria participaron no concurso da mascota do Proxecto de Vida Activa e Deportiva. Despois de realizar e entregar os seus debuxos fixemos unha votación para elexir o gañador ou gañadora.

 

Por maioría o debuxo gañador foi o de Adriana de 5º de Educación Primaria.

Grazas a tod@s por participar e noraboa a Adriana.

Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVDA)

Este curso 2022/2023 formamos parte do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD). Este proxecto está relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro. O PVAD forma parte do Plan Proxecta+, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración con diferentes organismos.

Proxecta

Aquí iremos subindo algunhas das cousas que realizaremos o longo curso.

 

A clase de Educación Física

Normas  e consellos da área de Educación Física:

  • Todos/as deben traer unha toalliña pequena co fin de lavalas mans ao rematar a clase, e subir a clase seguinte nas condicións de hixiene axeitadas.
  • Traer o equipamento axeitado, como zapatillas deportivas e chandal.
  •  Considerando  o exercicio físico,  moi importante para a nosa saúde cabe recordar a importancia tamén dunha alimentación saudable, aconsellase os pais/nais e alumnos/as do centro evitar o consumo que continuamente provocan os medios de comunicación con respecto a productos comerciais (golosinas, bolsiñas de aperitivos etc.)
  • Para favorecer o rendemento escolar dos alumnos/as é de gran importancia un completo almorzo  que axudará na  súa concentración e evitar desmaios e cansancio durante toda a xornada lectiva.

 

PROGRAMA PEQUE-VOLEY

Con este programa pretendese iniciar aos nenos/as na práctica do volei.

Vexamos algúns exemplos de exercicios.

Distribuir contido