DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ALUMNADO PRIMARIA

Estimadas familias:

A Orde do 6 de novembro de 2020 regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas do material escolar no curso 2020-2021 e, polo tanto, non terá que presentar solicitude.

Terá que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumnado utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) introducindo o código de procedemento ED330E, ou no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal).Tamén poden descargar o formulario premendo aquí

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación (os documentos deberá reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2018):

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).   
  • Copia do libro de familia onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computalbes utilizando un certificado ou volante de convivencia, ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

O prazo para presentar solicitudes será entre o día 16 e o 27 de novembro de 2020.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

MENÚ NOVEMBRO

Para ver o menú de novembro pinchar aquí

DÍA NON LECTIVO 12 DE OUTUBRO

Estimadas familias:

O próximo luns, 12 de outubro, non haberá clase ao ser festivo nacional.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

MENÚ OUTUBRO

Para ver o menú de outubro pinchar aquí

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO 2020/2021

Estimadas familias:

Velaquí un avance das normas establecidas nos diversos plans que elaborou o centro e que serán publicados nos próximos días:

  1. Cada mañá deberá facerse, NA CASA, a enquisa de autoavaliación clínica familiar e comprobar que ningún membro presente algún síntoma compatible coa COVID-19. Os resultados non teñen que enviarse ao centro, pero si comunicar a ausencia. Diante da aparición de polo menos un dos síntomas que aparece na enquisa, os proxenitores non enviarán ao alumno/a ao centro e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.
  2. En caso de sospeita, o alumnado non poderá acudir ao centro, deberán comunicarllo ao Equipo Covid do centro polas vías establecidas no Plan de Adaptación e tamén ao pediatra para que o valore e, de ser positivo, que propoña medidas sanitarias.
  3. Se a sospeita recae noutro membro da unidade familiar que non sexa o/a alumno/a, tomaranse as medidas que nos proporcionen desde o centro de saúde de referencia.
  4. O alumnado de primaria ten a obriga de usar máscara en todo momento polo que ten que traer, diariamente, unha "riñonera" para gardala no caso, por exemplo, de ir ao comedor. Deberán de traer tamén unha máscara de recambio.
  5. A pesares de que en infantil a máscara non é obrigatoria, é altamente recomendable, polo que se considera que deberían empregala.
  6. Haberá xel para a desinfección de mans, lavado con xabón varias veces na mañá e desinfectantes.
  7. Rexistraranse as ventilacións frecuentes das salas e a limpeza de aseos.
  8. O alumnado de infantil non empregará mandilón durante o presente curso escolar.
  9. O alumnado transportado terá sempre o mesmo asento no autobús.
  10. A porta de acceso ao centro para o alumnado transportado abrirase, nos meses de setembro e xuño, ás 09.15 horas; nos meses de outubro a maio, ás 09.45 horas. O alumnado non transportado fará a súa entrada, nos meses de setembro e xuño, ás 09.30 horas; nos meses de outubro a maio, ás 10.00 horas. Á súa chegada ao centro, o alumnado trasladarase directamente á súa aula.
  11. O alumnado que non faga uso do comedor, nos meses de outubro a maio fará a súa entrada ás 14.50 horas. A súa saída será nos meses de setembro e xuño, ás 14.30 horas, e nos meses de outubro a maio, ás 13.20 horas. Os familiares que veñan a recollelos terán que agardar no exterior do centro.
  12. O alumnado que non faga uso do transporte fará a súa saída nos meses de setembro e xuño ás 15.15 horas, e nos meses de outubro a maio, ás 16.30 horas.
  13. O alumnado de cada aula constituirá un Grupo de Convivencia Estable, habendo en Infantil Grupos Colaborativos de 3 alumnos/as.
  14. Os recreos de infantil e primaria realizaranse en espazos diferenciados, tal como reflicte o Plan de Adaptación.
  15. Tendo en conta as medidas sanitarias de hixiene e protección establecidas, non se admitirá no centro ningún tipo de alimento externo para celebración de eventos, conmemoracións, aniversarios ou calquera tipo de actividade, coa excepción dos almorzos individuais.
  16. No comedor, manteranse os grupos de convivencia estables, ocupando sempre o mesmo sitio.
  17. O profesorado considerará os informes individuais elaborados no período de confinamento para a elaboración das probas correspondentes.
  18. As familias acudirán ao centro cando sexa imprescindible. Tal como reflicte o Plan de Adaptación, resolverán preferentemente calquera tema a distancia (vía telefónica, vídeochamada ou correo electrónico) en canto reunións ou titorías.
  19. O acceso ás instalacións do centro por parte doutras persoas que non sexan alumnos/as ou persoal, terá que seguir as indicacións establecidas no Plan de Adaptación.
  20. O Plan de Adaptación, Plan de Continxencia e Programa de Acollida serán publicados na páxina web do centro nesta semana, unha vez que sexa informado o Claustro de Profesores e o Consello Escolar.
  21. O próximo xoves 10 de setembro, data de inicio das clases para os nenos de 3 e 4 anos e para 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, haberá folga do profesorado convocada por diferentes organizacións sindicais. O alumnado que asista ao centro será atendido con respecto á dispoñibilidade do profesorado que non secunde a folga.

Atentamente.

O director e coordinador do equipo Covid do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría,

Daniel Mato Neira

 

INICIO DO CURSO 2020/2021

Estimadas familias:

A Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/2021 da seguinte maneira:

  • O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.
  • O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º de educación primaria.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS

Estimadas familias:

Xa poden consultar a listaxe definitiva de fondo libros. Os medios para facelo son os seguintes:

  • Enviando un correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal
  • Chamando por teléfono ao 881880654 (de luns a venres, de 10.00 a 11.00 horas)
  • Acudindo ao centro, con cita previa (de luns a venres, de 10.00 a 11.00 horas)
  • A través da aplicación fondo libros, no menú Cidadáns. Para iso deberán dispor da chave 365 ou co certificado dixital emitido pola FNMT. Poden consultar as instrucións desta aplicación premendo aquí

A recollida de vales, tanto para libros como para material, realizarase desde o día 21 ao 31 de xullo, ambos inclusive. O mércores 29 de xullo o centro permanecerá pechado.

Premer aquí para consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2020/2021.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS

Estimadas familias:

Xa poden consultar a listaxe provisional de fondo libros. Os medios para facelo son os seguintes:

  • Enviando un correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal
  • Chamando por teléfono ao 881880654 (en horario de 10.00 a 11.00 horas)
  • Acudindo ao centro, con cita previa (en horario de 10.00 a 11.00 horas)
  • A través da aplicación fondo libros, no menú "Cidadáns". Para iso deberán contar coa chave 365 ou co certificado dixital emitido pola FNMT. Poden consultar as instrucións desta aplicación pinchando aquí

A listaxe definitiva será publicada o 20 de xullo.

A recollida de vales, tanto para libros como para material, realizarase desde o día 21 ao 31 de xullo, ambos inclusive.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020/2021

Estimadas familias:

Hoxe, 09 de xullo de 2020, saíu publicada no DOG a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os comedores escolares funcionarán en educación primaria desde o día 10 de setembro de 2020 ata o 22 de xuño de 2021.

No segundo ciclo de educación infantil e na educación primaria a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2020 ata o 22 de xuño de 2021, ambos inclusive.

O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos e, en todo caso, non se prolongará máis alá do día 30 de setembro de 2020.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

DATAS DE PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL/DEFINITIVA FONDO LIBROS E MATERIAL

Estimadas familias:

O próximo 10 de xullo publicarase a listaxe provisional de fondo libros e material de Educación Primaria para o próximo curso.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes á publicación da listaxe provisional.

A listaxe definitiva publicarase o 20 de xullo. Os vales, tanto para libros como para material, haberá que recollelos no centro do 21 ao 31 de xullo.

Para consultar as listaxes, tanto provisionais como definitivas, poderán chamar ao centro (Teléfono: 881880654) ou enviar correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal ou acudir ao colexio en horario de 10.00 a 13.00 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

Powered by Drupal - Design by artinet