DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias:

Comunícaselles que o 02 de maio de 2023 será día non lectivo en substitución de festivo local, tal como establece o artigo 7.2. da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o presente curso.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

SEMANA DO LIBRO

 

FOLGA TRANSPORTE 31 DE MARZO

Tal como establece o DOG do día de hoxe os servizos mínimos inclúen o transporte escolar.

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO 4º INFANTIL - CURSO 2023/2024

Estimadas familias:

Pola presente comunícase que todo o alumnado solicitante de admisión en 4º nivel de Educación Infantil para o curso 2023/2024 está provisionalmente admitido.

Pode consultarse a listaxe provisional na secretaría do centro.

Antes do 15 de maio publicarase a listaxe definitiva.

Atentamente,

O equipo directivo

CONCURSO LOGOTIPO ANPA "15 DE MAIO"

A ANPA "15 de maio" comunica o seguinte:

"Moitas gracias a tódolos participantes, profes e nais/pais que nos axudaron nesta aventura de elixir o noso logotipo.  

Qué difícil ter que quedar só cun gañador!!! E esperamos que tódolos gañadores desfrutedes do voso premio. 

Estes son os gañadores...

 

Gañadora do colexio Yurena curso 3º e 4º

Gañadora aula INF A Marta

Gañadora aula INF B Noa

Gañadora 1º e 2º Isabella

Gañador 3º e 4º Rodrigo (recolle o premio Daniela)

Gañador 5º e 6º Antón"

COMEZO DAS CLASES 3º TRIMESTRE

Estimadas familias:

Comunicámoslles que as vacacións de Semana Santa abranguen desde o día 3 ao 10 de abril, ambos inclusive.

As clases reanudaranse o 11 de abril.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

PUBLICACIÓN DE NOTAS 2º TRIMESTRE

Estimadas familias:

O 31 de marzo publicaranse as notas en AbalarMobil correspondentes ao 2º trimestre do presente curso.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

MENÚ ABRIL

Para ver o menú de abril pinchar aquí

EXCURSIÓN CIDADE DA CULTURA

Powered by Drupal - Design by artinet