CONVOCATORIA SECTOR PAIS/NAIS PARA RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

Recordarlles, tal como foi enviada na Circular 2/2022-2023 o pasado 03 de novembro,  que o prazo para presentar candidaturas ao sector de pais/nais para renovación de consello escolar remata o día 11 de novembro ás 13.00 horas.

Poderán recoller o impreso na Secretaría do Centro ou descargalo pinchando aquí . Poderase entregar de forma presencial ou por correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal no prazo anteriormente mencionado.

Atentamente,

PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL

 

 

 

FESTIVO LOCAL

Estimadas familias:

Comunícaselles que o día 11 de novembro o centro permanecerá pechado por festivo local no Concello de Dumbría.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

MENÚ NOVEMBRO

Para ver o menú de novembro pinchar aquí

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Comunícaselles que no Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación de axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50 euros recibirán un vale adicional de 25 euros. 

As familias poderán recoller os vales a a partir do día 18 de outubro en horario de atención ao público, de luns a venres, de 10.00 a 10.50 horas, e mércores de 15.40 a 16.30 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

PROGRAMA ECOCOMEDORES

13:30h a 14:30h Evento popular, degustar el menú colectividades saludables y sostenibles. Más verdura, más legumbre. Menú elaborado por chefs de colectividades de la red chef2030, también compartirán su experiencia.
 
Podéis rellenar el formulario para confirmar vuestra asistencia.
Formulario inscripciónhttps://forms.gle/hz5C356dKTvRpeKg7

MENÚ OUTUBRO

Para ver o menú de outubro pinchar aquí

ABALAR MÓBIL

Estimadas familias:

Aconsellamos instalar a aplicación AbalarMóbil no teléfono o antes posible para poder recibir notificacións do centro. 

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

 

 

COVID-19

Estimadas familias:

Premendo aquí poderán consultar as instrucións publicadas no día de hoxe por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e da Universidade e da Consellería de Sanidade con respecto a recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023 

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

TRANSPORTE - MÁSCARAS

Comunícaselles que mantense a obrigatoriedade de empregar máscaras no autobús.

MENÚ SETEMBRO - IMPRESOS COMEDOR

Para ver o menú de setembro pinchar aquí

Recordamos que para ser usuario do servizo de comedor deberán entregar no centro debidamente cuberto o Anexo II antes do 07 de setembro.

Tamén recordar que o prazo para entregar a documentación coa finalidade de ser colaborador do comedor no presente curso estará aberto ata o 07 de setembro.

Powered by Drupal - Design by artinet