NOVOS LOBOS

Estimadas familias:

O vindeiro luns, 20 de novembro, todo o alumnado do centro asistirá a un espectáculo de monicreques en prol da igualdade de xénero titulado "Novos lobos" organizado a través da ANPA "15 de maio" e a Federación Provincial de ANPAS da Coruña.

O evento terá lugar nas instalacións do centro.

BIOESCOLAS

Estimadas familias:

Este curso 2023-2024 o noso centro colaborará coa empresa de reciclaxe Ariol para poñer en marcha unha iniciativa de reciclaxe de aceite usado de cociña chamado BIOESCOLAS.

Esta é unha actividade de reciclaxe de aceite de cociña usado dirixido ao alumnado de centros escolares de Galicia.

O funcionamento da actividade será o seguinte:

  • O alumnado, a partir do día 16 de novembro, poderá traer o aceite usado de cociña de casa NUNHA BOTELLA DE PLÁSTICO PECHADA que poderá depositar nun colector específico situado dentro do colexio.
  • Este aceite recollido aportará un retorno económico de 15 euros por colector que serán destinados a actividades e/ou material para o alumnado do centro.
  • A maiores, participaremos nun concurso con outros colexios onde haberá 3 premios de 500, 250 e 100 euros para os tres centros que, porcentualmente, máis aceite reciclen ao longo do curso.

Desde o centro animámosvos a participar nesta iniciativa de reciclaxe de aceite usado que teñades nos vosos fogares.

Axudemos a educar medioambientalmente aos nosos nenos/as creando hábitos de reciclaxe, coa transparencia de que todos os residuos son materias primas e teñen valor.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

ACTIVIDADES RECREO COMEDOR

Estimadas familias: 

Desde a ANPA "15 de Maio" propoñen desenvolver actividades nos recreos do comedor para un maior entretemento do alumnado debido a que hai moitos días que por mor de diferentes circunstancias meteorolóxicas non poden saír ao patio.

Para iso sería preciso saber o seguinte:

  • Persoas interesadas de xeito voluntario e altruísta en participar (Horario recreo comedor: 14.00-14.50 horas aproximadamente). Deberán de traer certificado de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais.
  • Tipo de actividade que se realizaría.

As persoas interesadas poderán comunicalo a través do correo electrónico do centro: ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal

Publicaranse as actividades ofertadas e o prazo para que se poida anotar o alumnado interesado. Tamén se poderá inscribir o alumnado que non faga uso do servizo de comedor no día da actividade.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

VÍDEOS SAMAÍN-MAGOSTO

Para ver o vídeo do Samaín pinchar aquí

Para ver o vídeo do Magosto pinchar aquí

MENÚ NOVEMBRO

Para ver o menú de novembro pinchar aquí

SAMAÍN-MAGOSTO

DÍA NON LECTIVO - 13 DE OUTUBRO

Estimadas familias:

Comunicámoslles que a Xefatura Territorial de A Coruña autorizou como día non lectivo o 13 de outubro, polo que non haberá clase. Recordámoslles que o 12 de outubro é festivo nacional.

Atentamente, 

O EQUIPO DIRECTIVO

CERTAME PRIMARIA - TERRITORIO VÁKNER

O 30 de setembro, nas instalacións do Conco (Dumbría), entregáronse os premios do III Certame Literario "Territorio Vákner" correspondentes ao ano 2023.

A nosa ex-alumna, Mireia Traba Ronquete, recibiu o primeiro premio na categoría de primaria.

A nosa ex-docente e titora da alumna anteriomente mencionada no curso 2022-2023, María de la Soledad Piñeiro Martínez, recibiu o primerio premio na categoría de primaria correspondente aos centros escolares.

 

CAMBIO HORARIO CENTRO

Estimadas familias:

Recordámoslles que nos meses de outubro a maio o horario do centro será de 10.00 a 13.20 horas polas mañás, co servizo de comedor máis o seu recreo de 13.20 a 14.50 horas, e polas tardes, de 14.50 a 16.30 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

MENÚ OUTUBRO

Para ver o menú de outubro pinchar aquí

Powered by Drupal - Design by artinet