Estimadas familias:
Desde a ANPA "15 de Maio" propoñen desenvolver actividades nos recreos do comedor para un maior entretemento do alumnado debido a que hai moitos días que por mor de diferentes circunstancias meteorolóxicas non poden saír ao patio.
Para iso sería preciso saber o seguinte:
- Persoas interesadas de xeito voluntario e altruísta en participar (Horario recreo comedor: 14.00-14.50 horas aproximadamente). Deberán de traer certificado de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais.
- Tipo de actividade que se realizaría.
As persoas interesadas poderán comunicalo a través do correo electrónico do centro: ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal
Publicaranse as actividades ofertadas e o prazo para que se poida anotar o alumnado interesado. Tamén se poderá inscribir o alumnado que non faga uso do servizo de comedor no día da actividade.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO