Skip to Content

Menú do comedor: outubro

Menú do comedor escolar: setembro

ORGANIZACIÓN DO CENTRO ESCOLAR SEGUNDO O PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19

Segundo o protocolo de protección e o plan de adaptación do CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo á situación COVID19, informamos dos cambios que haberá con respecto ás entradas e saídas do centro escolar; así como, dos aspectos máis significativos de organización respectando as directrices do "PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021".

Co fin de facilitar o desenvolvemento do plan, solicitamos ás familias ou representantes legais do alumnado ler detidamente as instrucións dadas facendo clic no documento adxunto que abaixo figura.

 

INICIO CURSO ESCOLAR 2020/21

Estimadas familias:

Queremos informarlles de que a próxima semana dará comezo o curso escolar para o alumnado de educación Infantil e Primaria.

Seguindo as normas ditadas na Resolución do 1 de Setembro do 2020 procederase da seguinte maneira:

Punto único. Incorporación gradual do alumnado.

1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll 1º, 2º e 3º

curso de educación primarial e educación especial.

2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación Infantil e 4º, 5º e 6º cursde educación Primaria. 

Irásevos informando dos horarios concretos de entrada de cada curso ao centro escolar  durante os próximos días.

RECOLLIDA AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Os cheques para adquirir libros de texto e material escolar serán recollidos en horario de 10:00h a 12:00h nas seguintes datas:

-1º ED. PRIMARIA: XOVES 3 DE SETEMBRO

-2º ED. PRIMARIA: VENRES 4 DE SETEMBRO

-3º ED. PRIMARIA: LUNS 7 DE SETEMBRO

-4º ED. PRIMARIA: MARTES 8 DE SETEMBRO

-5º ED. PRIMARIA: MÉRCORES 9 DE SETEMBRO

-6º ED. PRIMARIA: XOVES 10 DE SETEMBRO

O VENRES 11 DE SETEMBRO entregaranse os cheques ás familias que non puideron acudir na data establecida.

Á recollida unicamente poderá vir UN MEMBRO da familia.

As familias que teñan fillos/as en distintos cursos de primaria poden recoller os cheques de maneira conxunta nun dos días establecidos para os cursos onde están matriculados os mesmos.

NON SE ENTREGARÁN CHEQUES FÓRA DE HORARIO.

 

Grazas pola vosa comprensión. 

Secretaría CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo

AULA MATINAL

Estimadas nais, pais ou titores/as:

A fin de avanzar na organización do vindeiro curso, e a expensas das resolucións que poidan ir aprobando as administracións para enfrontar o COVID-19, SOLICITAMOS ás familias, que por necesidades de conciliación prevexan a utilización da AULA MATINAL, comuniquen a súa adhesión a este servizo, establecendo o seguinte contacto:

Por teléfono:

658 145 742

Correo electrónico:

ceip.sanroque.darbo@edu.xunta.es

Data límite para inscribirse:

Ata o venres 31 de xullo, ás 14:30 h.

Datos a comunicar:

  • Nome do alumno/a.

  • Curso.

  • Nome do pai/nai ou titor/a.

  • Hora de entrada. 

  • Periodicidade na utilización.

DIFUNDIDE ESTA INFORMACIÓN

MOITAS GRAZAS



 

CORTE DE SERVIZOS NA REDE TELEFÓNICA

Estimadas familias:

Por mor das obras que se están a realizar na rede elétrica do centro escolar, informamos que existen cortes de luz que afectan  ao corte de servizos na rede telefónica. Por este motivo, é probable que se chaman por teléfono non poidan ser atendidos, polo que, se precisan facer alguna consulta, non dubiden en pasar polo colexio en horario de 10:00 h a 13:30 h.

Moitas grazas e disculpen as molestias.

O Equipo Directivo.

LISTAXES DEFINITIVAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Hoxe,14 de xullo do 2020, publicáronse as listaxes definitivas das axudas de libros de 1º e 2º E.P., do fondo libros de 3º e 4º E.P. e as axudas do material escolar dende 1º ata 6º de E.P.

Poden velas na porta exterior do edificio administrativo do centro.

Lembren que os vales de libros de 1º e 2º E.P. e os vales de material de todos os cursos entregaránselles a partires do 3 de setembro do ano en curso. 

 

Estrea da ópera "Estrelas ocultas" da Compañía 48 Stars

Clica para ler a presentación da nosa ópera e segue o enlace para visualizala.

Solicitude de comedor escolar

Infórmase que está aberto o prazo para a solicitude de comedor escolar. 

Poden descargar aquí a solicitude. Teñen de prazo para entregala no colexio ata o 3 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut