Skip to Content

Articles

Tecnoloxía con sentidiño

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesionale e Universidades  lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica, aberto ao público en xeral, e especialmente dirixido á comunidade educativa e aos docentes en particular. Baixo o título Tecnoloxía con sentidiño, abordaranse varias temáticas en torno á tecnoloxía, como o uso da mesma nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outros.

A Xunta organiza este ciclo nun momento no que o uso da tecnoloxía é motivo de debate no ámbito do ensino, e de especial interese para as familias. O obxectivo é ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria e documentada, con expertos do maior nivel, e baseada en investigacións.  

Desenvolveranse  charlas de hora e media de duración, de 18:00 a 19:30, e poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia en Santiago de Compostela, ou ben tamén  na canle de YouTube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O ciclo comeza o día 4 de abril coa presenza de Héctor Ruíz Martín, investigador e director da International Science Teaching Foundation, que impartirá o relatorio Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula.


Día de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. No centro leváronse a cabo distintas actividades. Unha delas, facer un video con todo o alumnado recitando poemas de Rosalía. Esperamos que vos guste. 

Clica sobre a imaxe para visualizar o video:

STOP MOTION: "O CASCABEL DA GATA"

Dentro do Plan Proxecta promovido pola Consellería de Educación, o alumnado de 2º A participou no programa "Nós tamén creamos", elaborando a curta "O cascabel da gata", coa técnica Stop Motion.

 

 

 

 

PREME AQUÍ PARA VER O MAKING OFF DE COMO SE FIXO

Proxecto Abalar



by Dr. Radut