Biblioteca do colexio

OUTUBRO: Moitas cousas novas espérannos

  Ola a todos! Vos acordades de min? Son Marquiños a mascota da biblioteca,  e un ano máis estou no cole para levar a cabo un montón de aventuras no noso espazo máxico da biblio. En setembro, co comezo do curso, deixeivos unhas pistas polo colexio para que me atoparades….Foi moi divertido!

 

 

Este mes de outubro celébrase o Día da Biblioteca (24 de outubro) e como xa facía tempo que non nos víamos, porque estivemos de vacacións, os nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria e os de infantil realizáchedes unhas visitas para vernos de novo, e de paso que os novos compañeiros de 3 anos me coñeceran a min e máis a nosa biblioteca.

 

 

Como sabedes, un ano máis a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar. O lema de este curso 2014-2015, BIBLIOTECA ESCOLAR…MATEMÁTICO! Trata un ano máis, de sensibilizar sobre a importancia da lectura pero relacionandoo co mundo dos números.

 

 

Así que aproveitamos estas vistas para recordarvos o importante que é coñecer a biblioteca e o seu funcionamento para que así a poidades aproveitar o máximo e disfrutar do pracer de ler.

ABRIL, MES DOS LIBROS.

2 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Marquiños tíñanos preparada unha selección de contos de Andersen que nos presentou María José. Tamén o equipo de infantil se sumou a esta celebración coa representación de "Tío Lobo", un conto de Kalandraka, adaptado por Xosé Ballesteros e ilustrado por Roger Olmos.

 

SEMANA DO CÓMIC - DO 7 AO 11 DE ABRIL

Este curso empezamos a celebrar a Semana do Cómic, para potenciar a a lectura e coñecemento deste xénero literario por parte dos nosos alumnos/as.

Neste sentido, diversos cursos participaron na elaboración dos seus propios cómics como o ciclo de educación infantil, que fixeron un cómic sobre as aventuras dunha tartaruga de visita nas súas aulas, e os de 5º nivel empregando o programa Pixton.

MARZO, MES DA POESÍA

Lemos poesía. Tentamos amar a poesía. Tentamos aprender a ler poesía. Tentamos escribir poesía. Tentamos ilustrar poesía. Tentamos coñecer poetas. Tentamos perderlle o medo á poesía.

 

"Non lemos e escribimos poesía porque é bonita. Lemos e escribimos poesía porque pertencemos a raza humana. E a raza humana está chea de paixón. A mediciña, o dereito, o comercio a enxeñería son carreiras nobres e necesarias para dignificar a vida. Pero a poesía, a beleza, o romanticismo, o amor, son as cousas que nos manteñen vivos ... " 

 

(O club dos poetas mortos)


FEBREIRO LINGUA E ROSALÍA

O mes de febreiro ven cargado de actividades na biblioteca e no centro. 

Comezamos con palabras mensaxes e poemas de amor para celebrar o 14 de febreiro.

O dia 21 celebramos o Día Internacional da Lingua Materna. Contamos neste caso coa colaboración de varios pais e nais que nos achegaron o son das linguas de Francia, Inglaterra, Brasil, Portugal, e Bulgaria.

Así mesmo Marquiños espuxo no corredor do cole libros en diferentes linguas cos que puidemos experimentar e xogar a entender.

O 24 de febreiro celebramos a data máis importante deste mes, "O Día de Rosalía". Rosalía de Castro é unha das máximas expoñentes da literatura galega, e como non, a biblioteca encheuse das verbas e do "esprito" rosaliano.

 

XANEIRO CON MANDELA

O 31 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, e Marquiños tíñanos preparadas unha serie de actividades e recomendacións lectoras relacionadas con este tema.

Podedes ver o resultado do PDI na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanmarcos/aulavirtual/course/view.p...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CELEBRACIÓN DÍA DA LINGUA MATERNA

O día 21 de febreiro celebramos o día da lingua materna. Este ano contamos coa colaboración de pais, auxiliar de conversación e mestra do colexio, que falaron aos nenos a diferentes linguas. Búlgaro, francés, inglés e portugués escoitáronse na hora de ler deste día. A nós, os mestres, quédanos agradecer a todas as persoas a súa disposición para vir ao colexio e realizar a actividade programada. Grazas a todos. благодаря. Merci. Thanks. Obrigado.


Powered by Drupal - Design by artinet