Biblioteca do colexio

UNHA DE MEDO

Este mes de outubro a biblioteca encheuse de pantasmas, espíritus, meigas, lendas e medos que se foron entrelazando nas historias que aquí se contaron.

Tamén se encheu de cabazas, xa que acollemos unha fantástica exposición organizada polo EDLG como unha das actuacións para celebrar o Samaín.

Comezamos cunha “Confederación internacional de meigas, S.A.”, coa que descubrimos o maravilloso e non tan doado que é ser unha auténtica bruxa.  Os maiores tamén disfrutaros das terroríficas historias que contaron Don Félix e Christopher.

Don Félix contounos una historia de medo, lanterna  incluída, coa que rimos a cachón. Foi Christopher quen sí nos fixo sentir medo cunha historia de Halloween sobre Sweeney Todd.

E como non, cada aula viviu a súa experiencia terrorífica coa selección de textos que Marquiños nos ofreceu de entre os fondos da biblioteca.

 

            

 

 


DÍA DA LINGUA MATERNA

O pasado 21 de febreiro celebramos o Día da Lingua Materna. Para elo montamos unha pequena exposición xunto  un mural no que figuraba o manifesto ademáis de portadas de libros en diferentes idiomas e unha folla coa palabra GRAZAS, escrita no idioma materno dos alumnos extranxeiros que temos no colexio (amárico, mandarín, rumano e tagalo)

DÍA DA MULLER

O día 8 de marzo celebramos o día da muller en lembranza de aqueles tempos nos que a diferenza entre os dóus sexos era inmensa.

Como de costume e sempre que queremos salientar algunha celebración no corredor central colócase un panel con cousas alusivas á celebración e tamén un expositor con libros que fagan referencia a dita celebración.

COMPADRE, DESQUE UN VAI VELLO

O C.E.I:P. Plurilingüe "San Marcos" participou na celebración do 150 aniversario de Rosalía de Castro colaborando na lectura colectiva do libro "Cantares gallegos".

A nós tocounos o último capítulo do libro (nº 37. Compadre, desque un vai vello) e participaron na lectura do mesmo alumn@s de 3º a 6º Nivel (un por cada aula) Os protagonistas son: Pablo Fernández, Anira Leiras, Helena Rey, Noa Codesido, Hugo de la Iglesia, Arón Agilda, Marcos López e Paula Mosquera.

A todos eles moitas grazas por parte do EDLG e do Equipo de Biblioteca.

 

ANTONIO RODRÍGUEZ MENÉNDEZ CO ALUMNADO DE 4º NIVEL

O pasado 25 de xaneiro o alumnado de 4º Nivel recibiu a visita de Antonio Rodríguez unha persoa que nos deleitou coa presentación do seu proxecto de formar persoas libro e darlle unha volta ao uso da palabra e dos sentimentos que producen. Durante moito tempo lembraremos o que el define falarlle aos demais con palabras de "chocolate fundido"

A continuación recollemos unha breve briografía: "Antonio Rodríguez Menéndez (Andújar, 1959) estudió Sociología y Magisterio. Es actor, director de teatro, dramaturgo y profesor en el Teatro Estudio Tuzla. En 2003 funda el Proyecto Fahrenheit 451 (las personas libro) y la Escuela de Lectura de Madrid, de la que deriva La voz a ti debida, todos ellos proyectos para el fomento de la lectura y la defensa de los libros".

 Un momento da súa charla    

            Un momento da súa charla                                                                                                       

OS QUE ESCOITAN

Este é o nome do novo xornal dixital, das/os alumnas/os de 6º Nivel e que podedes atopar no noso blogue.

Buscade a dereita da páxina e ¡alí está!

Powered by Drupal - Design by artinet