Biblioteca do colexio

FEBREIRO

Aínda con todo o traxín do Entroido, este mes tamén tivemos varias actividades na nosa biblioteca.

Un grupo de 3º preparou unhas poesía para recitar ante varios compañeiros.

Os grupos do club lector tamén traballaron . Elixiron a que máis lles gustaba, practicaron a súa lectura e entoación e leron para varios compañeiros e compañeiras da escola.

 
 

Por outra banda un grupo de alumnos e alumnas de 5º A fixeron un traballo de investigación sobre os cans que presentaron a varios grupos

 
   

E como non podía ser menos, o día 24 , por ser o día adicado a Rosalía de Castro, houbo para ela unha lembranza especial e un grupo de alumnas de 5º escenificaron a súa vida

 
   

XANEIRO

Este mes o grupo de alumnas de 5º presentaron de novo a outros grupos o seu traballo sobre os distintos xeitos de celebrar o nadal 

Tamén houbo un grupo de 6º que preparou adiviñas para presentar na Biblioteca

 
 

DECEMBRO

Este mes de Decembro tamén tivemos algunha que outra actividade no tempo de lectura na biblioteca. 

Alumnado de 5º e 6º recitaron poesias para distintos grupos e tamén houbo un traballo especial sobre o nadal que preparou un grupo de alumnas de 5º

 
   

 

NOVEMBRO

No mes de Novembro ramén tivemos varias colaboracións de interese. Os alumnos e alumnas de 5º nivel recitaron poesías compostas por eles mesmos aos compañeiros de nivel, aos compañeiros de 6º e aos de 4º

 
   

As alumnas de 4º A volveron a representar o seu traballo de "Rocas e fósiles ", elaborado por María Meléndrez, igual que xa fixeran o mes pasado para outros grupos

E un grupo de 6º fixeron a lectura de "A sopa queima" para os máis pequenos do colexio, os alumnos de tres , catro e cinco anos

 
   

OUTUBRO

Este mes a profe Carina adicou toda unha semana a contarnos unha interesante Historia sobre o fillo de Breogán e o noso parentesco con Irlanda. "Unha viaxe inesperada " foi o punto de partida dun proxecto que arranca da Torre de Hércules e nos achega ao mundo celta e á súa cultura 

 
   

Tamén contamos cun magnífico traballo presentado por unha alumna de 4ºA que falou para os seus compañeiros dun tema que resultou de gran interese para todos "Rcoas e fósiles" 

 
   

E para non ser menos, algúns alumnos e alumnas de 6º presentaron ao alumnado de 4º,5º e 6º adiviñas que eles mesmos idearon. Non podemos deixar de recoñecer que temos un cole cheo de artistas

 
   

 E cando xa o mes ía rematando ... acercouse o Samaín, unha festa de orixe celta que os irlandeses levaron aos E.E. U.U. onde tornou en Halloween. 

Como o noso é un centro plurilingüe pois... facemos as dúas versións da mesma festa que sempre vai acompañada dalgunha que outra historia arrepiante.

 
 

 

 

 

 

SETEMBRO

Comeza o novo curso e , coma sempre , o equipo de biblioteca presenta a Biblioteca a todo o alumnado de Infantil e Primaria. 

Temos por diante todo un curso cheo de ilusións e novos proxectos e para poder levalos a cabo non podemos prescindir da colaboración do alumnado de 5º e 6º que, ao igual que en cursos anteriores, formaranse para axudar e, entre todos, conseguir un bo funcionamento da nosa biblioteca. 

Grazas a todos os colaboradores e colaboradoras

 
 

O día 26 de Setembro foi o día Europeo das linguas, e , como é lóxico, tamén tivemos un tempo para adicar a todas as linguas que se falan no noso continente. 

Todos os alumnos e alumnas da escola buscamos información sobre algún país europeo e a lingua que nel se fala e tamén aprendemos algunha palabriña que outra. Parécenos moi importante lembrar sempre que somos parte dunha gran comunidade e que temos que coñecer aos nosos irmáns cada día un pouquichiño máis. 

Enchemos o cole con TODAS as linguas de Europa

 
 

Powered by Drupal - Design by artinet