Biblioteca do colexio

Tamén pasaron as meigas pola nosa Biblioteca.

Como todos os anos celebramos no cole o Samaín. Os nenos adornaron os corredores e mailas aulas, pero o evento mais "terrorífico" foi a exposición de cabazas na Biblioteca para os alumnos e os pais, onde tamén se amosaron os títulos existentes relativos a meigas, pantasmas,....en definitiva....MEEEEEEDDDDDOOOOOOO!!!!

Agradecer a colaboración de todos aqueles que aportaron as súas "escalofriantes" cabazas e aos pais que aproveitando un ratiño achegáronse ata aquí para velas.

ATA O ANO QUE VEN SAPOS, BRUXAS E CURUXAS!!!!

 

 

 

COÑECEMOS A NOSA BIBLIOTECA

Ao longo do mes de outubro estivemos facendo visitas á Biblioteca durante o tempo adicado ao Plan Lector para ver a "nova cara" deste espazo tan especial e poder explicar aos mais pequenos o funcionamento da mesma ao tempo que disfrutaban dun conto.

Mirade que atentos están!

 

 

Curso novo, Biblioteca nova!

Empezamos un novo curso e con el dámoslle unha volta á Biblioteca. Aqui vos deixamos unhas fotos para que vexades o "chula" que quedou. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

 

Mirade que alfombras tan bonitiñas.

 

Os ordenadores para os alumnos.

 

O posto de garda dos mestres.

 

O lugar onde poñeremos as novidades e outros libros de interese.

 

Os libros para os mais pequerrechos.

 

E os libros para os maiores.

Powered by Drupal - Design by artinet