O día 5 de febreiro, coincidindo coa celebración de Antroido, tamén fixemos a do Día da Paz. Coa realización dun acto no que participou a comunidade educativa recordamos nese día 8 valores que temos que practicar a diario, facendo un panel cada aula que expuxemos no acto e ahora colocaremos por diferentes lugares de todo o colexio.
E tamén cantamos todos a canción "Bajo el mismo sol" escoitando e vendo o video musical que grabamos e protagonizamos casi todos os alumnos e alumnas do cole
Todos os membros da comunidade educativa que o desexaron entregaron un donativo destinado a ACNUR pero ademais os nenos/as de 6º montaron un mercadiño solidario con traballos manuais elaborados por eles mesmos e tamén polas nais. Coa venda de todos eses traballos recadaron preto de 100 € que irán tamén destinados a ACNUR.
A presentación da solicitude farase no colexio no prazo establecido
LIBROS DE TEXTO CURSO 2015/2016
LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS CURSO 2015/2016
OS LOTES DE LIBROS ENTRÉGANSE O PRIMERIO DÍA DE CLASE (10 DE SETEMBRO)
Outro curso que pasa e outro sexto que marcha, boa sorte a todos!
Actividades de fin de curso
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO (Curso 2015-16)
Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto dentinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria ou educación especial para o curso 2015/2016.
Durante a semana do 20 ao 24 de abril, imos poñer en práctica a campaña “Plan de Consumo de froita nas Escolas” , subvencionada pola Consellería do Medio Rural e do Mar.
Durante esa semana repartirase froita fresca, para consumir no recreo como merenda, a todos os nenos e nenas do colexio.
ESTE CURSO DISPUXEMOS QUE O TEMA PARA O ENTROIDO SEXA O CIRCO. O VENRES 13 DE FEBREIRO OS NENOS E NENAS, S PAIS E NAIS QUE QUEIRAN, OS MESTRES E MESTRAS, VIRÁN AO COLE DISFRAZADOS EN RELACIÓN A ESE TEMA.
DURANTE A SEMANA OS NENOS E NENAS, ASÍ COMO OS MESTRES E MESTRAS VIRÁN ATAVIADOS DO XEITO QUE DISPÓN O ENTROIDO <<<<<PINCHAR NO BANDO
ÁBRESE O PRAZO PARA RESERVAR PRAZA NO IES FERNANDO ESQUÍO DE NEDA, PARA OS NENOS E NENAS QUE ESTÁN MATRICULADOS EN 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA NESTE CENTRO.
PINCHANDO NA IMAXE TEÑEN TODA A INFORMACIÓN. O IMPRESEO DE RESERVA DEBE ENTREGARSE NO CEIP SAN ISIDRO.
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO COMPLEMENTARIO
(CONCELLO DE NEDA)
O Día 26 de agosto saíu publicado no BOP a convocatoria das axudas. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais a partir do seguinte día da publicación no BOP. As solicitudes recóllense nas Oficinas Xerais do Concello.
Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto dentinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria ou educación especial para o curso 2014/2015.
O 30 de xaneiro do 2014 celebramos no colexio o Dia da Paz.
Fixemos un pequeno acto entre alumnos/as, profes e pais con música e aportacións solidarias. En total reunimos 145 kg. de alimentos e 270 €. Moitísimas grazas a todos.
O día 7 de febreiro, varios membros do Distrito Forestal I- Ferrol impartiron unha charla e outras actividades dirixidas aos alumnos do centro sobre a prevención de incendios.
O VINDEIRO XOVES, 24 DE OUTUBRO,
FOLGA NO ENSINO!!!
HORARIO DO PERIODO DE ADAPTACIÓN 3 ANOS
CURSO 2013-2014
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO COMPLEMENTARIO
(CONCELLO DE NEDA)
O Día 14 de agosto saíu publicado no BOP a convocatoria das axudas. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais a partir do seguinte día da publicación no BOP. As solicitudes recóllense nas Oficinas Xerais do Concello.
LETRAS GALEGAS 2013
O Día 17 da maio celébrase o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño.
Como os nenos e nenas de 3º ciclo vanse de excursión o día 13 adiantamos a celebración no cole ao día 10 de maio.
Premede na imaxe do autor homenaxeado e poderedes acceder a actividades e a moita mais información sobre a sua vida e obra. Ademáis poderedes ver vídeos de moitas das actuacións da celebración do Día das Letras 2013. Tamén podedes ver e ler os relatos gañadores do I Concurso de Relato curto.>>>> CONTOS GAÑADORES
SOLICITUDE DE ADMISIÓN (Curso 2013-14)
Información, prazos, vacantes e impresos relativos á admisión de alumnos para o curso 2013-14