Saltar navegación.

Día da Paz 2013

O mércores 30 de xaneiro celebramos no colexio o Dia da Paz. Fixemos un pequeno acto no que os compañeiros de 6º leron un montaxe audiovisual ,que elaboraron, sobre Rigoberta Menchú. Os nenos e nenas de 5º tamén leron un pequeno libro titulado “Tres iguais”.  Para rematar o acto todos os alumnos/as e profes cantamos a canción “Paz,paz,paz” do cantante Juanes.

Durante a semana tamén fixemos un mural, entre todos, no patio cuberto e diferentes actividades e traballos nas aulas sobre a Paz. Aproveitamos tamén a celebración desta data para facer aportacións de diñeiro e alimentos desde as familias e que os nenos e nenas trouxeron ao cole.

En total reunimos 145 kg. de alimentos e 285 € que irán destinados, como en cursos anteriores, á Cociña Económica de Ferrol.

Moitísimas grazas a todos.

Preme na imaxe e poderás ver o vídeo da canción que cantamos todos o Día da Paz

 

 

 

 

 

 

 

 

 


"http://pf.kizoa.com/sflite.swf?did=6755929&k=6231325">


2013-11-08 cabazas, cada un coa súa - slideshows

  O VINDEIRO XOVES, 24 DE OUTUBRO,

      FOLGA NO ENSINO!!!