Saltar navegación.

DÍA DA PAZ 2014

O 30 de xaneiro do 2014 celebramos no colexio o Dia da Paz. Fixemos un pequeno acto que rematamos cantando todos todos os alumnos/as e profes a canción “Cantarela dos nenos"

 Durante a semana tamén fixemos diferentes actividades e traballos nas aulas sobre a Paz. Aproveitamos tamén a celebración desta data para facer aportacións de diñeiro e alimentos desde as familias e que os nenos e nenas trouxeron ao cole.

En total reunimos 145 kg. de alimentos destinados aos servicios sociais do concello e 270 € que irán destinados, como en cursos anteriores, á Cociña Económica de Ferrol.

Moitísimas grazas a todos