Skip to Content

5ºA

MÚSICA. Semana Santa

Boas tardes nenas e nenos!.
Esta semana non hai tarefa xa que son vacacións, mais como sodes varias e varios os que estades a traballar un montón e me pedides con frecuencia tarefa extra, deixo unha recomendación para que poidades continuar desenvolvendo a vosa faceta artística. Os-as que queirades continuar practicando, ide ao blog de Música (a dirección está na tarefa "Queda na casa 2" da semana pasada) e premede na nova entrada titulada "Semana Santa 2020", que está debaixo da entrada principal. Lembrade que para consultar as dúbidas tedes o formulario de contacto do blog, e para seguir enviando as fotos das tarefas realizadas o meu correo electrónico (indicado na tarefa "Queda na casa 1" da primeira corentena).
Grazas!.
 

Recomendacións para Semana Santa

Chegan as vacacións de semana santa moi merecidas por todos! Para estes días non levaredes traballo, aínda que estaría xenial facer o seguinte:

- Repasar todo o traballado ata agora e correxilo, tedes un PDF coas correccións de todos os exercicios feitos estos dias. Xa sabedes que un aprende sempre dos seus propios erros.

- Posto que o pasado día 2 foi o Día Internacional do libro infantil, cada aula deberá investigar e recoller información sobre unha escritora, a nosa é Andrea Maceiras, o atopado podedes envialo ao meu correo eloypitam@gmail.com

E agora... vos fago a recomendación de 7 COUSAS QUE FACER EN VACACIÓNS:

1- Axuda nas tarefas da casa, a túa familia o agradecerá.

2- Ver unha boa película. Eu recomendo: "Regreso al futuro", "Klaus", "Harry Potter", "Cazafantasmas", "Indiana Jones", "Star Wars" etc.

3- Ler un libro que tes pendente (eu xa teño os meus). Tedes recomendacións no Blog de Elmer na Cubela (o blog da nosa biblio)

4- Aprende a cociñar un postre novo (e se sae bo, envíame a receita).

5- Escoita nova música e desgasta as zapatillas bailándoa. 

6- Debuxa o que che apetezca e convírteo nunha obra de arte. 

Logo, vai de paseo polo múseo que ti queiras aquí: https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/museos-visitas-virtuales-seleccion-mejores/

 7- Escribe ou grábate contando a túa experiencia destes días! Se queres podes evialo tamén ao meu email! Xogade menos ao Fornite, hai máis cousas!

Unha aperta forte a todos! Desfrutade das vacacións! Eloy Pita.

Aprende matemáticas. O sistema métrico decimal

Seguimos co sistema métrico decimal! Bótalle un ollo a este vídeo no que se fala das unidades de capacidade e masa!!

BLINKLEARNING LICENCIAS INGLÉS

Good morning, children!

Solicito vos dedes de alta na web https://www.blinklearning.com/home seguindo as instruccións que aparecen no documento adxunto. A clave da vosa clase é

CL57251174

Unha vez feito isto, poderei facer o voso seguimento. Agora a desfrutar das vacacións

Happy Easter!

Your teacher

Begoña

HAPPY EASTER (30th march-3rd april)

ENGLISH ACTIVITIES (30th march-3rd april)

Hi, children! How are you? I hope to see you soon. Now you are on holiday although this year they were a little early.

I send you these links so that you can have fun learning English, include songs, stories, games,...

A big hug for everyone!

CCNN. O ser humano e a relación. (Vídeos)

Queres convertirte nun experto do corpo humano?? Bótalle un ollo ao novo vídeo sobre "A función de relación" empregando emojis!!

E se queres continuar aprendendo, observa tamén estes vídeos!

https://www.youtube.com/watch?v=mSV7zD_3l0U

https://www.youtube.com/watch?v=CR8wVRSIClQ

https://www.youtube.com/watch?v=zBj34cis3SU

 

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 2" (30 marzo-3 abril)

A tarefa desta semana está no blog de Música.

Le atentamente o documento adxunto debaixo destas indicacións.

Entra no blog e fai clic na entrada principal titulada "Benvidas e benvidos". Lea e mira o seu vídeo.

Vai á pestana LINGUAXE MUSICAL, entra en "Linguaxe musical 5º" e realiza as actividades 1 e 2.

Vai á pestana PARTITURAS e busca "Partituras 5º" e realiza as actividades 1 e 2.

Listo!.

Boa semana.

 

RELIXIÓN (30 marzo-3 abril)

Ola nenos e nenas que vides a clase de relixión. Espero que estedes tod@s ben e tamén as vosas familias.

Xa veredes como prontiño nos veremos todos outra vez. Sabedes que estabamos na clase traballando en grupiños o tema da Semana Santa. Non vos preocupedes, que cando voltemos outra vez, seguiremos coma sempre.

Eu soamente quero darvos moitos ánimos e, se queredes, podedes intentar facer estes puzzles que me pareceron moi entretidos, e tamén ver algún vídeo referente a festividade que pronto chegará.

Videos:

Entrada triunfal, última cena, crucifixión y resurrección de Jesús para niños:

https://youtu.be/tFlylIkKn2g?list=RDCMUCQlhWE6GkjVG--BaB4Ba6NQ

Resurrección de Jesús para niños – Pascua:

https://youtu.be/VOp7I9Ca6Cg

Entrada triunfal de Jesús en Jerusalén, Biblia para niños:

https://youtu.be/p4JpmTXvClQ

La Historia de Semana Santa - Mi Pequeña Biblia:

https://youtu.be/B-GlcC2-Gfo 

Puzzles:

Domingo de Ramos (9 piezas):

https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=2fa4d5c2c0f5

Lavatorio (15 piezas):

https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=1a8ef6d93b44

La Última Cena (12 piezas):

https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=187ec6b6bdac

Jesús en la cruz (15 piezas):

https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=01838e3635df

Jesús resucitado (30 piezas):

https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=13f934ffdadd

Pascua (12 piezas): 

https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=1c571160a156

PLAN DE ACTIVIDADES DO 30/03 AO 03/04

Bos días rapaces/as,

Xa tedes adxuntada a planificación de traballo semanal, tamén inclúe unha ficha de reforzo, un caderno de escritura creativa e unha actividade para Plástica.

Tomádeo con calma e intentade facer un pouco cada día, sen deixalo todo para o final. Calqueira dúbida comentádesme! Unha aperta forte!

Distribuir contido


by Dr. Radut