Skip to Content

Actividades Extraescolares

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Ao longo desta semana celebramos con distintas actividades a semana da paz. Velaquí as temos!.

 

 

CAMPAÑA SOLIDARIA

Un ano máis o CEIP San Francisco Javier colaborou co Banco de Alimentos Rías Altas na campaña solidaria de recollida de alimentos para as persoas mais necesitadas e vulnerables da nosa cidade.  

Queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración, xenerosidade e solidaridade, o que permitiu entregar hoxe tres caixas cheas de alimentos a dita entidade. 

GRAZAS!!!!

 

                       

Visita Ana Torres Jack

No noso colexio participamos no programa prensa-escuela, de La Voz de Galicia, e gran parte do alumnado de 6º e das familias son lectores asiduos de “La Voz de la Escuela”.

O venres pasado, tivemos a sorte de contar coa presenza de Ana Torres Jack, a quen agradecemos que aceptase a nosa invitación, pois unha gran parte deste alumnado e das súas familias, son asiduos seguidores dos seus artigos en “La Voz de la Escuela”.

 Foi unha xornada especial, na que Ana foi entrevistada polas alumnas, e deunos consellos e orientacións sobre distintos temas que os rapaces e rapazas lle prantexaron: desde como afrontar o inicio na ESO,  técnicas de estudo, os perigos dos videoxogos, … respostou todas as preguntas que lle tiñan preparadas, cando nos dimos conta xa era hora de marchar.

Moitas grazas Ana!!!!

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O xoves día 30 de xaneiro celebramos no noso colexio o  Día da Paz e Non Violencia.  

O acto iniciouse ca lectura por parte dun grupo de alumnas e alumnos dun manifesto pola paz, continuaron co  derrumbamento dun muro, onde estaban escritas accións negativas que impiden a convivencia pacífica na nosa sociedade. 

Ademáis, contamos ca presencia de María e Bebe, representantes da ONG Miradas ao Mundo, ós que se lles fixo unha entrega simbólica dos xoguetes recollidos na campaña solidaria de Nadal. Dedicaron unhas palabras de agradecemento á xenerosidade da comunidade educativa do San Francisco Javier. 

O acto finalizou cantando e bailando ó son de Mamá Cabra, Danza da Paz, empregando a lingua de signos e construindo por último o símbolo da Paz.

A noticia aparece recollida en La Opinión Coruña, pódese acceder a ela pinchando aquí

    

          

 

ACTO DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

 

Estimadas familias

Mañá dia 30 de xaneiro celebraremos no centro o día da Paz e Non Violencia. 

O acto terá lugar no Pavillón polideportivo San Francisco Xabier, está aberto á comunidade educativa, polo que as familias quedan invitadas a presencialo.

As portas do pavillón abriranse ás 12:15 h para aquelas familias que poidan acudir.

Reciban un cordial saúdo

 

                                                                                      

              

 

 

VISITA DE ASOTRAME

Un ano máis, contamos ca visita  dos membros de ASOTRAME: Asociación de Galega de Trasplantados de Médula Ósea.

As rapazas e rapaces de 5º de EP, tiveron a oportunidade de recibir unha charla didáctica e informativa sobre un tema tan importante como este, desde unha perspectiva sensible e cercana,  e así poder coñecer a campaña que están a realizar.

No corredor da planta baixa do centro hai unha pequena exposición itinerante que informa e sensibiliza sobre a doación de médula ósea.

Esta exposición pode ser visitada, e se pinchades aquí, veredes unha pequena mostra da mesma.

Asimesmo, a asociación conta cun blog escolar onde recolle e publica os traballos realizados polo alumnado dos centros ós que acuden. Pinchando na seguinte ligazón pódese acceder ó mesmo.

Grazas á asociación, así como ós membros que acudiron ó colexio polo seu traballo e solidaridade.

 

 

 

Desde Asotrame agradecen a colaboración de todo o alumnado do centro, e envían a ligazón onde están publicados os traballos presentados polo alumnado do centro. Pinchar aquí

 

Bo Nadal !!

 

Desde o  CEIP San Francisco Javier

queremos desexar a todas as familias e membros da comunidade educativa un 

BO NADAL 2019 E UN VENTUROSO ANO 2020!!!

 

                                                          

 

 

Os nenos e nenas non son os cidadáns do futuro, senon  que son os cidadáns de hoxe(Francesco Tonucci)

 

PLENO INFANTIL

O mércores día 20 de novembro,  celebrouse un Pleno Infantil no Concello de A Coruña en colaboración con UNICEF COMITÉ Galicia,  con motivo da celebración  do 30 aniversario da Convención dos Dereitos do Neno.

O acto estivo presidido pola Exma. Alcaldesa da Coruña, Dona Inés Rey, acompañada do Concelleiro de Educación D Jesús Celemín.

Ó pleno acudiron  varios centros da cidade, entre eles o noso, o CEIP San Francisco Javier, onde un grupo de alumnos e alumnas de 6º de EP, representaron ós seus compañeiros e compañeiras , expoñendo un manifesto onde reclamaron un dos dereitos recollidos na Convención dos Dereitos do neno, o dereito a participación,  no que aportaron propostas para participar tanto no Concello como no noso colexio .

Queremos dar os parabéns a todas e a todos os participantes pola súa colaboración e esforzo. 

Asimesmo, sinalar que hoxe varios medios de comunicación recollen o acto. Deixamos as ligazóns para ter máis información do mesmo. 

Concello de A Coruña

La Opinión Coruña

La Voz de Galicia

Quincemil

 

             

          

                              

MATEMATÍZATE

Un ano máis o alumnado do CEIP San Francisco Javier participa en MATEMATÍZATE, actividade na que aprendemos Matemáticas de xeito lúdico e divertido, potenciando o inxenio e resolvendo problemas de forma lúdica e divertida.

Un grupo de alumnos/as convertirase en monitores dos seus compañeiros e compañeiras, cas propostas Ana, quen con distintos xogos logra convertir as matemáticas en fantásticos  retos e aventuras.

Unhas auténticas mate divertidas!!

Educación vial: unha multa, unha flor

As alumnas e alumnos de 5º de EP do noso colexio participaron nunha iniciativa de educación vial : Unha multa, unha flor.

Esta actividade desarrollada pola sección de Tráfico da Policía local e dirixida por Silvia Castro, ten como obxectivos fomentar a mobilidade sostible e a actuación correcta de peóns e conductores.

Os nosos rapaces e rapazas saíron á rúa a observar as distintas actuacións, e non dubidaron en premiar con flores de papel (feitas por eles mesmos) cando as persoas realizaban accións sostibles, ou en cursar denuncias ficticias cando  consideraban que había unha infracción.

A actividade foi un éxito, tanto polo valor en educativo como polo entusiasmo que mostrou o alumnado.  Queremos agradecer a Silvia a súa implicación, que contribuiu ó éxito da actividade.

A noticia pulicouna La Opinión de A Coruña e pódese consultar  pinchando aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut