Skip to Content

Educación física

VISITA DO DEPORTIVO LICEO HOCKEY SOBRE PATÍNS

Esta semana puidemos contar coa presenza de xogadores do club máis laureado de Galicia, o Deportivo Liceo de Hockey Patíns, onde o alumnado de 3º e 5º de EP recibiron dentro da materia de EF unhas nocións básicas sobre o deporte do stick. Para iso contamos coa presenza dos irmáns Di Benedetto e Facundo Bridge, que nos ensinaron a coller o stick e a lanzar a bola, entre outras moitas cousas. Ademais foron entrevistados polas nenas e nenos, que descubriron o esforzo que supón chegar ao niveis máis altos do deporte. Esta colaboración do Deportivo Liceo encádrase dentro do seu programa educativo de fomento dos valores do deporte.

Recólle a noticia a prensa, máis información pinchando aquí.

Foi un pracer contar co Liceo no noso centro e oxalá que podamos seguir contando con eles nos vindeiros cursos.

Moitas grazas tanto aos xogadores como a xunta directiva do club que puxo todo tipo de facilidades.

                                  

 

Xornada deporte adaptado

 

O martes 12 de febreiro,  o alumnado de 6º de EP participou nunha xornada formativa e deportiva de sensibilización sobre a diversidade funcional da man de Enki : un proxecto que promove a inclusión e visibilizacion dos colectivos e persoas con diversidade funcional, a través do deporte e o ocio.

 Coñeceron de primeira man historias persoais de superación e loita de deportistas con discapacidade, xogaron e realizaron actividades deportivas,  logrando ver a diversidade funcional como un acto de admiración e normalización.

 Tras a charla e presentación inicial cos deportistas,  tivo lugar a Actividade “Ponte no meu lugar”, onde puideron practicar tenis adaptado, handbike, fútbol a cegas e baloncesto en cadeira de rodas.

 Queremos agradecer a presenza dos deportistas, que lograron sensibilizar  ó noso alumnado en valores como a capacidade de superación, coñecer e vivenciar o deporte adaptado como medio de inclusión da discapacidade.

XOGANDO COS AVÓS NO RECREO. PATIOS AMIGOS

UN DÍA MOI INTERESANTE COMPARTINDO COS AVÓS.

PARA SABER MÁIS. PÍNCHADE AQUÍ

ENTROIDO 2018 NO CEIP SAN FRANCISCO XABIER

 HOXE ESTIVEMOS A DISFRUTAR DO ENTROIDO NUNHA ANIMADA FESTA ONDE TODO O ALUMNADO DOS DIVERSOS NIVEIS TIÑA O SEU TEMA DE DISFRAZ.

APRVEITAMOS O NOSO PROXECTO DE BIBLIOTECA E CENTRO "AS EMOCIÓNS...OS SENTIMENTOS", PARA REFLEXAR DUNHA FORMA DIFERENTE E CON MOITO COLORIDO OS NOSOS TRABALLOS.RESULTAOU SOBRE TODO MOI ANIMADO E MOIIIIII COLORIDO.

GRAZAS A TODOS: ALUMNADO, PROEFESORADO, FAMILIAS, ANPA...

SI QUERES VER UNHA PEQUENA REPORTAXE. Pinchade aquí.

TAMÉN TEMOS ALGÚN VIDEO. ComprobaR...

DÍA DA PAZ - 2018

 HOXE, DÍA 30 DE XANEIRO, CELEBRAMOS NO CEIP SAN FRANCISCO XABIER O DÍA MUNIDIAL DA PAZ. RESULTOU UN ACTO SINXELO PERO MOI BONITO. DESPOIS DE VARIOS DÍAS DE INTENSO TRABALLO NAS AULAS PREPARANDO OS MOITOS MATERIAIS QUE  FIXEMOS E DISFRUTAMOS NO DÍA DE HOXE TOCOU FACER PÚBLICAS AS NOSAS MENSAXES E CONTAR COA PRESENZA DAS FAMILIAS QUE TAMÉN NOS ACOMPAÑARON NA CANCIÓN QUE ESCOLLIMOS E QUE TANTO NOS GUSTOU. "DE QUE CHE VALE? DE JESÚS PAREJA.

PARA VER FOTOS. Pinchade aquí.

PARA VER VIDEOS.

VIDEO 1. Pinchar

 

CHEGOU O FIN DE CURSO

CHEGOU O FIN DE CURSO E COMEZAN AS VACACIÓNS.

BO DESCANSO PARA TODOS E TODAS E VÉMONOS NO VINDEIRO 2017-18

APERTASSSSSSSSS!!!!!!!!

Ver fotos. Pinchade.

"OS VALORES DO DEPORTIVO". O Depor no CEIP San Fco Xabier

O VENRES, DÍA 21 DE ABRIL, CONTAMOS COA PRESENZA DOS XOGADORES E XOGADORAS DO REAL CLUB DEPORTIVO DE A CORUÑA NO CEIP SAN FCO XABIER, DENTRO DO PROGRAMA "OS NOSOS VALORES ".

COMO MANIFESTA A PRENSA UN "DEPOR DE ALTA ESCOLA".

RESULTOU PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVO DO COLEXIO UNHA GRANDE FESTA QUE TODO O ALUMNADO FIXO SÚA. 

LUX, BORGES, GIL E AS XOGADORAS DO RECENTE CREADO EQUIPO FEMININO, ESTAFI, CRIS E PERDI MESTURÁRONSE COS NENOS E NENAS FACÉNDOLLE DISFRUTAR UNHA XORNADA INOLVIDABLE

AUPA DEPOR.........

Para ver a sesión. Pinchade aquí.

Páxina do DEPOR. Pinchar.

E tamén aquí...

PATIO EN VALOR

 HOXE DE NOVA ENCHEMOS O PATIO DE MOITOS OUTROS XOGOS

NESTE DÍA NON TACA PELOTA PERO SI QUE O PASAMOS "SUPER GUAI".

IMOS TODOS E TODAS A DISFRUTAR DOS XOGOS DE ANTES E DAGORA...DE SEMPRE

E OS MAIORES FACEMOS DE MONITORES. ESTO SI QUE É UN TRABALLO DIVERTIDO.

Para ver. Pinchade aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut