Skip to Content

4ºA

MÚSICA (15-19 xuño)

Os contidos das tarefas seguirán estando dispoñibles no blog de Música (www.musicavitaminica.blogspot.com) nas pestanas LINGUAXE MUSICAL e PARTITURAS para os alumnos-as que desexen repasar (non se realizan envíos en período vacacional).

Grazas!.

 

 

 

INGLÉS 15 -19 XUÑO

Hello boys and girls!

Pasaron as semanas e xa chegamos á última do curso. Foi unha recta final ben diferente e oxalá non teñamos que volver a vivir algo así. Chegados a este punto quero darvos as GRAZAS por seguir traballando  un pouco de inglés todo este tempo tanto a vós, nenos e nenas como ás vosas familias por estar ahí do outro lado colaborando.

Déixovos unha  canción de despedida, espero que vos guste: https://www.youtube.com/watch?v=fTZp053gGt4

Tamén unha ficha para ler e  colorear se tedes ganas, así como un poema de despedida similar á canción para que tamén  leades. Non é necesario que me enviedes a tarefa, pero se queredes recibirei os vosos traballos encantada.

Que teñades un feliz verán.  HAPPY  SUMMER!

 Lots of kisses and a big hug for all you.

TAREFAS 4º (do 8 ao 12 de xuño)

Ola! Esta semana levades pouco traballo xa que hai que devolver os libros. 

MATEMÁTICAS:

Facemos da páxina 229 os exercicios 1, 2 e 3 e o problema 8.

LINGUA CASTELÁ:

Facemos a lectura da unidade 12 " Abre bien los oídos", páxina 237 e facemos o traballo da lectura da páxina 239

BICOS E APERTAS!

ENGLISH 8-12 XUÑO

Hello boys and girls! How are you?

 Xa vai quedando menos para que remate o curso pero de momento aínda temos que seguir traballando un pouquiño. Así que aquí vos deixo as tarefas desta semana.

Desta vez repasaremos os meses do ano en inglés e tamén os números. Para iso tedes que ir ao documento ADXUNTO. Primeiro mirade o vídeo https://www.youtube.com/watch?v=X6cAi0ydAyc  e logo ide facendo as tarefas correpondentes como se indica. Se non tedes impresora copiade a tarefa no caderno.

Enviádeme a tarefa escrita ao meu correo amparpaz@edu.xunta.gal ou por Blinklearning.

Boa semana e ánimo. Kisses, bye!

 

E.F

Xogo da oca para realizar actividade física.

TAREFAS 4º (do 1 ao 5 de xuño)

Estreamos mes! O último xa!!!

MATEMÁTICAS

Continuamos cos  corpos redondos, páxina 208 e facemos os exercicios 1 e 2. E ademais da páxina 215 os exercicios de repaso ( 1, 2, 3, 4 e 5).

LINGUA CASTELÁ

Comezamos a unidade "Inventa el futuro". Lemos varias veces e facemos os exercicios da lectura da páxina 221.

LINGUA GALEGA

Lemos " a familia de palabras" da páxina 207 e facemos os exercicios 1, 2 e 3. Lemos no apartado de Ortografía "os dous puntos e os puntos suspensivos", páxina 210 e facemos os exercicios 1, 2, e 3.

CIENCIAS SOCIAIS

Lemos o apartado " Vivo...nun poboado da idade dos metais e facemos os exercicios do 1 ao 5.

CIENCIAS NATURAIS

Lemos o apartado " Descubro a roda e as máquinas" e facemos os exercicios 1 e 2 dapáxina 119.

Apertas para tod@s!!!

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 10" (1-5 xuño).

Vai ao blog de Música e:

-En Linguaxe musical 4º le a información da tarefa 10.

Grazas!.

 

INGLÉS 1-5 XUÑO

Hello boys and girls! How are you?

Xa imos entrar no mes de xuño e xa pronto acabará o curso. Pero de momento aínda temos que seguir traballando un pouquiño. Así que aquí vos deixo as tarefas desta semana.

Ide ao Class Book en Blinklearning a UNIT 5-OFF TO SCHOOL-PAGE 46 (lembrade pinchar en libro dixital, non en actividades de la unidad).  Na páxina 46 escoitade os audios dos exercicios 1 e 2 pinchando nas notas musicais. Na páxina 47 escoitade a canción How do you go to school? do exercicio 1, pinchando tamén nas notas musicais. Despois ide ao documento ADXUNTO e facede os exercicios correspondentes relacionado con esta temática.

Recordade: Se non tedes impresora copiade a tarefa nunha folla ou no caderno.

Enviádeme a tarefa escrita ao meu correo amparpaz@edu.xunta.gal ou por Blinklearning.

 Boa semana e ánimo. Kisses, Bye!

TAREFAS 4º (do 25 ao 29 de maio)

Vamos a pola última semana de maio!

MATEMÁTICAS

Continuamos cos  prismas e as pirámides. Facemos os exercicios 1 e 2 da páxina 204 e o 1 e 2 da 206.

LINGUA CASTELÁ

Facemos da páxina 208 o 1 e 2 e da páxina 209 o 3 e o 4.

LINGUA GALEGA

Comezamos ca unidade 11 "Vales canto pesas". Lemos os poemas e facemos o traballo de lectura da páxina 202.

CIENCIAS SOCIAIS

Lemos a páxina 124 " Vivo nun poboado neolítico e facemos os exercicios 1 e 2.

CIENCIAS NATURAIS

Lemos a páxina 116 e facemos os exercicios 1 e 2. 

Xa queda menos! Apertas para tod@s!!!

INGLÉS 25-29 MAIO

Hello boys and girls! How are you?

Unha semana máis deixo por aquí a proposta para traballar un pouco de inglés.

Ide ao Class Book en Blinklearning a UNIT 5-OFF TO SCHOOL-PAGE 42 (lembrade pinchar en libro dixital, non en actividades de la unidad).  Na páxina 42 escoitade os audios pinchando nas notas musicais. Na páxina 43 escoitade tamén os audios que aparecen ao lado dos exercicios 1 e 2. Copiade a chant (canción) no voso caderno, repasando así tamén os días da semana en inglés. Despois ide ao documento ADXUNTO e facede o exercicio correspondente relacionado con esta temática,se non tedes impresora copiade a tarefa no caderno.

Esta semana quero que me enviedes a tarefa escrita ao meu correo amparpaz@edu.xunta.gal ou a través de Blinklearning.

 

Boa semana e ánimo. Kisses, Bye!

Distribuir contido


by Dr. Radut