Skip to Content

MÚSICA. Semana Santa

Boas tardes nenas e nenos!.
Esta semana non hai tarefa xa que son vacacións, mais como sodes varias e varios os que estades a traballar un montón e me pedides con frecuencia tarefa extra, deixo unha recomendación para que poidades continuar desenvolvendo a vosa faceta artística. Os-as que queirades continuar practicando, ide ao blog de Música (a dirección está na tarefa "Queda na casa 2" da semana pasada) e premede na nova entrada titulada "Semana Santa 2020", que está debaixo da entrada principal. Lembrade que para consultar as dúbidas tedes o formulario de contacto do blog, e para seguir enviando as fotos das tarefas realizadas o meu correo electrónico (indicado na tarefa "Queda na casa 1" da primeira corentena).
Grazas!.
 


page | by Dr. Radut