Skip to Content

5ºA

Propostas para o verán

 

Proposta de actividades para o verán:

Bos días rapaces/as! Primeiro dicirvos que esperamos que pasedes unhas vacacións de verán espectaculares e, aínda que moitos plans víronse cancelados, fagades moitas cousas que sexan igual de interesantes!

Nós, os titores, queremos darvos unha serie de recomendacións para pasar as vacacións un pouco máis entretidos e.....tranquilos! Que non todo van a ser deberes! ;D

1-    

“Memorias dunhas vacacións pandémicas”: Que vos parece escribir un diario con todo o que vos pasa durante as vacacións? Debedes escribir como mínimo medio folio e, polo menos, cada 2 días (senón se nos esquecen as cousas).

2-    

“Lecturas veraniegas”: Que mellor que pasar o tempo lendo un bo libro, nós recomendamos: “El asesinato de la profesora de Lengua”(Jordi Sierra); “O segredo do lagarto Arnal” (Andrea Maceiras); “Harry Potter y el legado maldito” (obra de teatro para o final da historia, J.K. Rowling); “A señora Bubble” (Ledicia Costas); “Esmeraldina a nena defunta” (Ledicia Costas); “A filla do ladrón de bicicletas” (Teresa González Costa) entre outros moitos!

3-    

Cinéfilos/as: Unha noite de cine e palomitas nunca é un mal plan! Unhas pelis que recomendamos: “Regreso al futuro I, II e III”, “Monstruos S.A”, A saga de “Toy Story”; “Indiana Jones”; “Las Crónicas de Narnia”; “Avatar”; Películas de Marvel o de Superhéroes...

4-    

Cadernos de traballo: Tampouco está mal traballar un pouquiño todos os días, así que tamén recomendamos traballar con algún caderno de vacacións (calquera editorial é válida, a que máis vos guste). Dende inglés, recoméndanos “Oxford Holiday English 5th”.

5-    

Escoitar a música que máis vos guste. Ou descubride a música de alguén que non coñezades e desfrutádea.

6-    

Convértete nun artista: Pinta un cadro espectacular, debuxa graffitis, aprende a tocar un instrumento (ou inténtao), debuxa cadros famosos ao teu propio estilo...

7-    

Fai exercicio sempre que poidas. Practica o deporte que máis che guste, ou proba deportes novos. O ano que ven hai Olimpíadas en Tokio, nunca se sabe se te pode tocar a ti ir!

8-    

Comparte as túas aventuras. Fai videochamadas con amigos/as, envía emails a compañeiros/as e familiares, cóntalle a quen che apeteza todo o que estás a facer!

 

Tedes 82 días de verán! Son un total de 82 aventuras que vivir! Esperámosvos á volta campeóns/as!

 

Vídeo. Fin de Curso 5º A

Bos días chico/as! Como vos dixen, tedes no seguinte enlace o vídeo de despedida do curso, espero que vos guste!

https://gopro.com/v/8vNX130lKn3My

Que pasedes unhas boas vacacións! Unha aperta forte!

 

MÚSICA (15-19 xuño)

Os contidos das tarefas seguirán estando dispoñibles no blog de Música (www.musicavitaminica.blogspot.com) nas pestanas LINGUAXE MUSICAL e PARTITURAS para os alumnos-as que desexen repasar (non se realizan envíos en período vacacional).

Grazas!.

 

 

 

Tarefas semana do 15 de xuño

Bos días rapaces/as! Xa tedes dispoñible no PDF as tarefas para esta derradeira semana! Xa non queda nada para esas vacacións tan esperadas! Eu creo que o ides pasar moi ben!

Recordade que o venres faremos a festa de fin de curso por videochamada!! 

Moito ánimo e vémonos o venres!!

ENGLISH (end of course)

Hi, families!

I have already said goodbye to you until next september. It only remains for me to thank you all your collaboration again and send this detail to the children.

Enjoy your summer ! See you soon!

Tarefas semana do 8 de xuño

Bos días rapaces/as! Como vai todo?
Xa soamente nos quedan 2 semanas, hai que dar o derradeiro empurrón estos días! Nestas semanas, vos deixarei tempo para os que ides un pouco máis atrás poidades enviar as tarefas que vos faltan, cada un vai ao seu ritmo. Quero darvos os PARABÉNS polo voso esforzo, tanto os que ides ao día, como os que vos esforzades por ir avanzando pouco a pouco!

Espero que as tarefas desta semana vos gustan, hai varias sorpresas!
Unha aperta forte!!

Correción de tarefas semana do 1 de xuño

Bos días rapaces/as, vos adxunto como sempre en PDF as correccións das tarefas que quedaban por mirar, como sempre, revisade.

Unha aperta!

ENGLISH (8th-12th June )

Hi, children!
I hope you are fantastic! Cheer up! There is little left to finish the course.
I send you the homework for next week.
1. Read Rooftops "Animal habitats" . You will find out interesting things about the desert , the rainforest and the mountains.
2. Two explanation worksheets abour personal pronouns and possessive andjectives and two activity worksheets about them.
Bye! Have a great week for all of you!

E.F

Xogo da oca para realizar actividade física.

Tarefas semana do 1 de xuño

Bos días rapaces/as! Como sempre, tedes no PDF as tarefas desta nova semana! Nestas novas tarefas faremos un repaso xeral do curso e coñeceremos artistas que lles gustaban tanto o verán coma vós, para terminar cun concurso e xogos!

Moito ánimo nenas/os, sodes uns campeóns!

Distribuir contido


by Dr. Radut