Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2024-2025

No 2º ciclo de educación infantil e na educación primaria a impartición efectiva de clases realizarase do día 11 de setembro de 2024 ao 20 de xuño de 2025, ambos inclusive.

Períodos vacacionais

Nadal: desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos inclusive.

Entroido: días: 3, 4 e 5 de marzo  de 2025.

Semana Santa: desde o día 14  ata o 21 de abril ambos inclusive.

Días non lectivos

 31 de outubro: Dia do ensino

6 de decembro: Día da Constitución.

1 de maio: Non lectivo.

*  Os dous dias de elección no centro: 4 de novembro e 2 de maio.

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

MATERIAL ESCOLAR

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL


5º DE EDUCACIÓN INFANTIL


6º DE EDUCACIÓN INFANTIL


1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA  HAY UN ERROR EN ISBN DEL ACTIVITY BOOK. EL CORRECTO ES 9780194072373 OPEN UP 3 ACTIVITY BOOK


4º  DE EDUCACIÓN PRIMARIA ISBN CORRECTO  LIBRO DE LECTURA: 978-84-9121-073-3

 
5º  DE EDUCACIÓN PRIMARIA


6º  DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

LISTA DE LIBROS

Preme sobre o curso correspondente para ver a lista dos libros.

A LISTA DE MATERIAL FARASE PÚBLICA O LUNS 9 DE SETEMBRO

COMEZO DO CURSO: HORARIOS 1º DÍA E HORARIO HABITUAL

Benvidos/as ao novo curso

As clases comezarán o mércores 11 de setembro. Coma sempre, o primeiro día  haberá un horario de entrada escalonado. A partir do día 12 o horario será de 9 a 14 horas en E. Primaria e de 09:05 a 13:50 en E. Infantil.

HORARIO MÉRCORES 11 DE SETEMBRO E UBICACIÓN FILAS 

ENTRADA

09:00 -2º, 4º e 6º de E. primaria.

09:15 -6º de E. infantil.

09:30 -1º, 3º e 5º de E. primaria.

09:45 -5º de E. infantil.

4º de infantil -periodo adaptación.

UBICACIÓN FILAS

• Infantil en patio cuberto.

•1º e 2º de E.P. no patio de columnas.

•3º e 4º de EP no patio cuberto.

• 5º e 6º de E.P.  aos lados da  porta de entrada do patio de columnas.

SAIDAS

• Infantil: 13:50 por patio cuberto. 

• 1º e 2º de E.P: 14:00 Por porta patio columnas. 

• 3º e 4º de EP: 14:00 Por porta patio cuberto. 

• 5º e 6º E.P: 14:00 Porta principal diantera. 

HORARIOS E UBICACIÓN DE FILAS DE ENTRADA E SAIDA A PARTIR DO DIA 12

Entrada de Primaria ás 09:00 e Infantil ás 09:05.

Ubicación das filas na  entrada e as saídas será a mesma que a do primeiro día.

NOTA. Os alumnos de 10 ou máis anos poden saír sós do colexio previa autorización. Recomendamos esta autorización para axilizar a saída, ainda que vostedes lles recollan esperando na beirarrúa.

 

FIN DE CURSO

Rematamos o curso participando nunha xornada de xogos tradicionais organizada polo museo MELGA. Pasámolo xenial descubrindo os xogos de sempre!

    

Máis fotos na galería de imaxes

Enlace á nota de prensa do Museo Melga

Ademáis as alumnas e alumnos de 6ºC abriron esta semana as portas do seu museo Yayoi kusama, contando coa colaboración do resto de aulas para o noso proxecto final. Prema sobre a imaxe para ver o vídeo e sobre este enlace para ver as fotos.

CONTACONTOS MOBY DICK

Hoxe todo o colexio gozamos do espectáculo "MOBY DICK" da compañía de teatro "Pedras de Cartón". Esta obra, inspirada na novela de Herman Melville, ten como protagonista a un impoñente cachalote de 3 metros, que se move, axita a súa cola, abre e pecha os ollos, e expulsa auga.

Agradecemos moito á ANPA por este agasallo de fin de curso que tanto nos gustou.

      
 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

Prazo de presentación de solicitudes: 21 de maio ao 21 de xuño de 2024

Para máis información preme sobre a imaxe.

Ante calquera dúbida, contactar có centro no teléfono 881 960 316

 

O OUTEIRIÑO 2024

Como todos os anos para conmemorar o Dia das Letras Galegas publicamos a nosa revista O Outeiriño. 

PREMIOS CINEMA NA ESCOLA

Álbum: Curso 2023/24 -> Cinema na escola

Noraboa aos nenos e nenas de 6º de E.P. e as profes Yaiza, Pili e Ana polos premios acadados na Gala "Cinema na escola" polo corto "A substituta". Tamén agradecer a Hugh toda a axuda e formación prestada.

Premios:

  • Mellor curtametraxe
  • Mellor interpretación
  • Mellor  son
  • Mellor fotografía
  • Segundo premio edición e montaxe

Esta gala tivo lugar no Ágora e asistiron todos os centros participantes e representantes do concello. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut