• CONTIDOS
  • PORTAL EDUCATIVO
  • RECURSOS EDUCATIVOS
  • SEM CORREO

CEIP Rosalía de Castro

  • aula virtual
  • album de fotos
  • organigrama
  • calendario escolar
  • actividades extraescolares

Secretaría.

  • Novas de interese
  • Proceso de admisión
  • Libros de texto e materiais escolares.
  • Proxecto E-dixgal

O centro

  • O centro
    • Datos do centro
    • Localización
    • Obxectivos do centro
    • Avaliacións
    • Datas das entrevistas co profesorado
    • Horario
    • Calendario escolar
    • PAS
    • Orientacións prácticas
    • Enlaces de interese

Profesorado

  • Equipos de Ciclo.

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019/20

loli — Xov, 01/08/2019 - 11:21

Para ver a lista dos libros de texto e os materiais do curso 2019/2020 pode consultar os Anexos correspondentes.

  • Libros de texto e materiais escolares.
  • Secretaría.Novas de interese.
  • 1 adxunto

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS

loli — Xov, 01/08/2019 - 11:15

Publicada a listaxe definitiva do alumnado de educación primaria que ten dereito ao fondo de libros de texto.

Consultar o Anexo.

As familias do alumnado que non recolleron os vales de axudas para libros de texto e/ou material escolar poderán recollelos a partir do día 2 de setembro na secretaría do centro.

  • Novas de interese
  • 1 adxunto

Fondo Solidario de Libros. Axudas Libros.

loli — Dom, 30/06/2019 - 18:47

FONDO SOLIDARIO

PRAZO DE PRESENTACIÓN (21 DE MAIO AO 21 DE XUÑO DE 2019 (INCLUSIVE)

ORDE DO 3 DE MAIO DE 2019 (DOG 20 de maio).

SOLICITUDE (DESCARGAR)

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS 2019/ 20 (VER ANEXOS)

LISTAXE DE ALUMNOS/AS PERÍODO DE ADAPTACIÓN (VER ANEXOS)

  • Novas de interese
  • 1 adxunto

Lista definitiva de alumnado admitido e non admitido para o curso 2019/20

loli — Mar, 14/05/2019 - 13:14

Nos adxuntos pódese comprobar a lista definitiva de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2019 - 2020.

Contra as listas definitivas, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (art. 32.1 da Orde 12 de marzo de 2013).

  • Proceso de admisión
  • 1 adxunto

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO CURSO 2019/20

loli — Mér, 24/04/2019 - 13:35

A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS POR ORDEN DE PUNTUACIÓN TOTAL OBTIDA NO BAREMO, pode consultarse nos documentos adxuntos ou nas portas, tanto do centro de primaria coma no de infantil, PODENDO PRESENTAR RECLAMACIÓN Á MESMA NO PRAZO DE 5 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIRES DO SEGUINTE Á SÚA PUBLICACIÓN (No caso de querer consultar as listaxes provisionais coa puntuación desglosada poderá solicitarse na Secretaria do Centro)

  • 1 adxunto

ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020

loli — Lun, 25/03/2019 - 13:27

Debido á superación de solicitudes de admisión para alumnado de 4º de E. Infantil respecto ao número vacantes ofertadas, será imprescible aportar a documentación acreditativa dos criterios alegados dende o 25 de marzo ata o 4 de abril.

 

  • Proceso de admisión
  • Secretaría.Novas de interese.

ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020

loli — Mar, 26/02/2019 - 18:13

Do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) presentación de solicitudes para a admisión de alumnado para o curso 2019/2020.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo, facilitado na Secretaria do centro ou na aplicación admisión de alumnado http://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.

  • Fotocopia do libro de familia e orixinal para cotexo.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de darse o caso.

  • Anexos:  
  • Calendario do proceso de escolarización.
  • Información pública sobre o proceso de admisión,
  • Mapas sobre a situación do centro e as zonas de influencia.
  • Información sobre o centro educativo.

 

  • Proceso de admisión
  • Proceso de admisión
  • 4 adxuntos

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

loli — Lun, 25/02/2019 - 21:20

 

PREGÚNTANOS! Admisión 2019/ 2020

O vindeiro xoves, ás 13:10 h e ás 16:15 h, abriremos as nosas portas para que as  familias que o desexedes poidades ter unha primeira toma de contacto coa que será a vosa casa desde entón.
Queremos saudarvos, darvos a coñecer a oferta educativa, mostrarvos as nosas instalacións e todo aquilo que fai do noso Colexio unha opción na que confiar o voso futuro, antes de abrir o proceso oficial de matrícula.  Por iso estades todos e todas convidados a participar desta xornada de portas abertas.
 
E se por algunha razón non puideses visitarnos este día, no noso correo electrónico: ceip.rosalia.lugo@edu.xunta.es tentaremos dar a coñecer o noso traballo canto antes.
 
Esperámosvos nas nosas Xornadas de Puertas Abertas!
  • Novas de interese
  • Secretaría.Novas de interese.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2019/2020

loli — Lun, 04/02/2019 - 09:52

1ª FASE: SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (1-15 de febreiro)

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2019 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. (alumnado que cursa 6º de primaria)

• Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar.

• Esta solicitude poderán efectuala mediante un formulario normalizado, dun dos seguintes xeitos:

a) Entregando no centro solicitado en primeiro lugar o Anexo I, que pode recoller gratuitamente no centro ou ben descargar dende a páxina web da Consellería: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ED550AG.01.pdf

b) A través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

c) A través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

• A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se o/a alumno/a resultase admitido/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.

• A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

• A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.

  • Secretaría.Novas de interese.

NADAL 2018

loli — Mar, 08/01/2019 - 20:40

Como sabedes todos os cursos facemos o Concurso de Postais de Nadal, elixindo unha para felicitar ás familias, as autoridades educativas e a outras bibliotecas. De entre todas as presentadas que, foron moitas e moi bonitas, o que cada vez fai mais difícil a elección, saiu unha combinación de dúas elaboradas por Antía Roibás de 3º B e Sabela Recamán de 5º A.

Noraboa a ambas!!

A Biblioteca, tamén elaborou unha GUÍA DE LECTURAS DE NADAL

Desta e das outras actividades realizadas tendes unha cumprida mostra tanto na páxina web da Biblioteca  como no noso facebook

  •  FOTOS FESTIVAL NADAL
  •  FOTOS ENTREGA PREMIOS
  •  VÍDEO FESTIVAL NADAL 2018Related imageRelated image
  • Complementarias e extraescolares:
  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »
Distribuir contido

Enlace Aula Virtual

O tempo

O tempo en Lugo

booked.net
 
+12
°
C
+12°
+10°
Lugo
Jueves, 16
Martes   +12° +10°
Miércoles   +13° +7°
Viernes   +7° +1°
Sábado   +5° 0°
Domingo   +6° 0°
Lunes   +6° 0°
Previsión para 7 días

Blogs

Blog do equipo da biblioteca

Blog da ANPA

Proxectos

 

Bibliotecas escolares de Galicia

  • aula virtual
  • album de fotos
  • organigrama
  • calendario escolar
  • actividades extraescolares


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013