Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Extraescolares
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES subvencionadas polo CONCELLO
loli — Ven, 29/09/2023 - 09:28
Programa de actividades extraescolares subvencionadas pola Concellería de Educación do Concello de Lugo
- As actividades son gratuitas para o alumnado.
- Período de inscrición: do día 2 de outubro ata o día 10, ambos incluídos.
- No cadro debe indicar os números que correspondan coa actividade solicitada.
- No caso de que haxa máis solicitudes que prazas farase un sorteo.
- As actividades comezarán o día 16 de outubro.
- Deberedes descargar esta ficha e entregala cuberta en Secretaria nos prazos arriba sinalados. Se non podedes imprimila, en Secretaria, vos facilitarán unha copia da mesma.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CONCELLO DE LUGO
loli — Mar, 11/10/2022 - 10:57
Rematado o prazo para a presentación de solicitudes para as actividades do presente curso 2022-23, non se superou o número máximo de prazas en ninguna actividade, polo que quedan admitidos tod@s @s alumn@s que o solicitaron.
No caso de que algún solicitase máis de unha actividade, foron admitid@s en todas, sempre que non houbese coincidencia no horario, caso no que incluimos ao alumn@ na actividade solicitada en primeiro lugar.
A listaxe de admitid@s permanecerá exposta a partir de hoxe e durante os seguintes días no tabuleiro de anuncios da secretaría do centro para calquer tipo de comprobación.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CONCELLO
loli — Mar, 11/10/2022 - 10:56
Rematado o prazo para a presentación de solicitudes para as actividades do presente curso 2022-23, non se superou o número máximo de prazas en ninguna actividade, polo que quedan admitidos tod@s @s alumn@s que o solicitaron.
No caso de que algún solicitase máis de unha actividade, foron admitid@s en todas, sempre que non houbese coincidencia no horario, caso no que incluimos ao alumn@ na actividade solicitada en primeiro lugar.
A listaxe de admitid@s permanecerá exposta a partir de hoxe e durante os seguintes días no tabuleiro de anuncios da secretaría do centro para calquer tipo de comprobación.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES SUBVENCIONADAS POLA CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE LUGO 2022-23
loli — Mér, 28/09/2022 - 12:19
Nos documentos adxuntos tendes para descargar en formato WORD editable e, en formato PDF, o formulario de inscrición nas actividades extraescolares organizadas polo Concello de Lugo. Como sabedes estas actividades son gratuítas.
O día de inicio das mesmas é o 13 de outubro.
O período de inscrición nas nesnas vai do 29 de setembro ata o 10 de outubro.
O día 11, publicarase a listaxe co alumnado admitido nas mesmas.
A solicitude deberá entregarse na SECRETARIA do centro.
Horario Actividades extraescolares Curso 21/22
loli — Ven, 18/03/2022 - 18:52
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
loli — Lun, 15/10/2018 - 10:51
As actividades extraescolares organizadas polo Concello e a Anpa darán comenzo, HOXE, día 15 no horario previsto.
A listaxe de admitidos nas actividades extraescolares pode consultarse en Administración.
LISTAXES DE ADMITIDOS NAS ACTIVIDADES DO CONCELLO (VER ANEXO)
LISTAXES DEFINITIVAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO
loli — Ven, 30/09/2016 - 13:47
LISTAXES DEFINITIVAS das actividades extraescolares subvencionadas polo concello.
Debido a que o número de solicitudes foi superior ao número de prazas ofertadas, procedeuse a realizar un sorteo coa letra do apelido pola que comezar a adxudicar as mesmas - letra R, no caso de patinaxe, letra F, en xadrez -.
Baile galego: Infantil e de 1º a 6º de primaria
Patinaxe: de 1º a 6º de primaria
Xadrez: de 1º a 6º de primaria
RECORDATORIO: Para CONFIRMAR ou REXEITAR a INSCRICIÓN nas ditas actividades deberán pasar pola SECRETARÍA do centro.
INFORMAMOS ÁS FAMILIAS QUE, NAS ACTIVIDADES QUE HAXA LISTA DE ESPERA, NO CASO DE NON PRESENTARSE O PRIMEIRO DÍA DA ACTIVIDADE, E NON XUSTIFICAR A FALTA PREVIAMENTE (OU AO DÍA SEGUINTE), CAUSARÁN BAIXA AUTOMATICAMENTE EN DITA ACTIVIDADE.