Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Complementarias
FELIZ NADAL PARA TODAS E TODOS
loli — Sáb, 23/12/2023 - 21:22
Imos de vacacións de Nadal e vos deixamos un vídeo realizado por todo o alumnado e o profesorado do centro educativo.
Agardamos que vos guste. Está feito con moito cariño por parte de todas e todos.
Que disfrutedes destos días xunto á vosa familia e vémonos á volta das vacacións.
BO NADAL!
Actividades Complementarias Curso 21/22
loli — Mér, 23/03/2022 - 20:11
CONMEMORACIÓNS:
-20 de novembro de 2021: Día Universal da Infancia
-25 de novembro de 2021: Día Internacional contra a Violencia de Xénero
-Do 30 de novembro ao 7 de decembro de 2020: Constitución Española e Estatuto de Autonomía de Galicia
-3 de decembro de 2021: Días Internacional das Persoas con Discapacidade
-10 de decembro de 2021: Declaración Universal dos Dereitos Humanos
-24 de xaneiro de 2022: Día Internacional da Educación
-30 de xaneiro de 2022: Día Escolar da non violencia e da Paz
-24 de febreiro de 2022: Día de Rosalía de Castro
-8 de marzo de 2022: Día Internacional da Muller
-15 de marzo de 2022: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor
-Do 7 ao 11 de marzo de 2022: Semana da Prensa (un día traballarase nas aulas con xornais)
-7 de abril de 2022: Día Mundial da Saúde
-Entre o 18 e o 22 de abril de 2022: Semana do Libro
-2 de maio de 2022: Día Internacional contra o Acoso Escolar
-9 de maio de 2022: Día de Europa
-Do 16 ao 20 de maio de 2022: Semana das Letras Galegas
-5 de xuño de 2022: Día Mundial do Ambiente
24 de febreiro, Día de Rosalía
loli — Lun, 15/03/2021 - 14:54
Cada ano, o 24 DE FEBREIRO, conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA, a escritora galega máis representativa da nosa literatura, en permanente actualidade e cuxa obra trascende as fronteiras universais.
Agora, máis que nunca, debemos contaxiarnos da forza e da viveza dos seus cantares para proxectalos neste 2021, abrazando todo o bo que temos arredor, que sabemos que é moito, e impulsando a cultura para recuperar as cousas cotiás con ollos de ilusión.
Este curso voltamos colaborar coa Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e, froito dese traballo conxunto saíron os vídeos que vos mostramos.
NADAL 2018
loli — Mar, 08/01/2019 - 21:40
Como sabedes todos os cursos facemos o Concurso de Postais de Nadal, elixindo unha para felicitar ás familias, as autoridades educativas e a outras bibliotecas. De entre todas as presentadas que, foron moitas e moi bonitas, o que cada vez fai mais difícil a elección, saiu unha combinación de dúas elaboradas por Antía Roibás de 3º B e Sabela Recamán de 5º A.
Noraboa a ambas!!
A Biblioteca, tamén elaborou unha GUÍA DE LECTURAS DE NADAL
Desta e das outras actividades realizadas tendes unha cumprida mostra tanto na páxina web da Biblioteca como no noso facebook
XXXIV Concurso de Cantor Español de canarios
loli — Dom, 28/01/2018 - 22:31
Celebrado este pasado domingo organizado pola Sociedade Lucense de Canaricultura.. Os premios entregáronse no noso centro, onde tamén se aproveitou para repartir os agasallos entre os alumn@s que participaron nos concursos de manualidades ao redor da canaricultura que se organizaron con motivo deste certame. Os vencedores recibiron canarios, medallas, libros e doces.
Podedes ver as fotos de entrega de agasallos no noso facebook e, tamén, nas páxinas de EL Progreso e na Voz de Galicia.
Concurso Postais de Nadal 2017
loli — Dom, 28/01/2018 - 22:20
Como sabedes todos os cursos facemos o Concurso de Postais de Nadal, elixindo unha para felicitar ás familias, as autoridades educativas e a outras bibliotecas. De entre todas as presentadas que, foron moitas e moi bonitas, o que cada vez fai mais difícil a elección, saiu a que a aquí vos mostramos que, como podedes observar, é a combinación de dúas elaboradas por Clara de 2º B e Sara Freire de 6º B. Noraboa a ambas!!
A Biblioteca, tamén elaborou unha GUÍA DE LECTURAS DE NADAL
Podedes ver unha mostra das postais presentadas e tamén unha selección de fotografías dos nosos alumnos e alumnas gañadores na web da Biblioteca e no noso facebook
25 de novembro: Dia Internacional contra a violencia de xénero
loli — Dom, 28/01/2018 - 22:09
Os rapaces e rapazas de todo o centro elaboramos un mural contra a violencia de xénero, situado no corredor principal para dar visibilidade a un problemas que nos afecta a todas e todos como membros dunha sociedade. Este mural forma parte dunha campaña organizada polo centro educativo CEIP Aquilino Iglesia Alvariño. Co # equaliter violencia de xénero, elaboramos dito mural e tamén os mensaxes, algúns dos cales podedes ver colgados do mesmo. Aparte de contribuír a dita campaña, os alumn@s asistiron ao visionado na Biblioteca dunha película sobre dito tema, así como á lectura de diferentes libros, seleccionados pola Biblioteca e, que serviron para tratar de concienciar aos nosos alumn@s da importancia de dicir NON ante calquera tipo de maltrato.
Proxecto #equaliter.
Podedes ver as fotos que se fixeron e o video na páxina web da Biblioteca e no noso facebook
Limpeza de especies invasoras polos alumn@s de 6º de primaria
loli — Dom, 12/11/2017 - 22:41
Actuación da Banda Municipal de Música no colexio
loli — Dom, 21/05/2017 - 17:21
Dentro dos Concertos Didácticos que está a realizar a Banda Municipal de Musica de Lugo, tocou actuación no noso colexio. Ás 11 da mañá, no pavillón polideportivo, con todos os alumnos e alumnas do centro e, acompañados pola alcaldesa, Lara Méndez, a concelleira de Cultura, Carme Basadre e o concelleiro de Educación, Manuel Núñez, a Banda ofreceu un concerto titulado "Fantasía", onde misturaron dun xeito excepcional música e maxia. Todos os espectadores disfrutamos moito deste estupendo espectáculo.
ANUNCIO PARA ALCER
loli — Mér, 15/03/2017 - 18:45
O pasado 6 de marzo a Asociación de Artes Escénicas e Audiovisuais, Curuxán, veu ao noso centro a gravar un anuncio para publicitar o traballo desenvolvido pola Asociación Alcer.
Neste anuncio no que participaron alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º de primaria, abórdanse cuestións referidas ao coñecemento, coidados e prevención do ril.
Poden atopar máis información na páxina web da Asociación Alcer.