Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Limpeza de especies invasoras polos alumn@s de 6º de primaria
loli — Dom, 12/11/2017 - 22:41
Un grupo de alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro no marco dunha xornada divulgativa e demostrativa de voluntariado traballaron na parcela de titularidade municipal próxima aos campos de fútbol do barrio de Montirón, onde se realizou unha actuación de eliminación de Conyza canadensis, unha planta alóctona invasora. O centro educativo colaborou deste xeito cun proxecto galego, impulsado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) co fin de fomentar a participación e o compromiso do alumnado na conservación de no medio ambiente e a promoción da sustentabilidade ambiental.