Skip to Content

ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. RESERVA DE PRAZA/SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/23

As familias que queiran que @ seu/súa fill@ estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria no IES Sanxillao, centro de adscrición do CEIP Illa Verde, terán que entregar a solicitude de reserva de praza do día 11 de xaneiro ao 8 de febreiro na secretaría do noso centro (anexo I). Tamén poden presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admsionalumnado).

As familias que queiran que @ seu/súa fill@ estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria noutro centro distinto ao IES Sanxillao terán que entregar a solicitude de admisión de praza do día 1 ao 21 de marzo (anexo II). A solicitude de admisión a presentarán a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Tamén poderán presentar a solicitude de forma presencial no centro que elixiron como primeira opción ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Anexo I- Reserva de praza no IES Sanxillao (11 de xaneiro ao 8 de febreiro)

Anexo II- Solicitude de admisión en centro distinto ao IES Sanxillao (1 ao 21 de marzo)

Aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

Enlace á sede eletrónica

Mapas de escolarización da zona de Lugo



page | by Dr. Radut