Skip to Content

Solicitudes ao centro

SOLICITUDES AO CENTRO

Os interesados poderán realizar solicitudes ao centro a través das seguintes canles:

-De forma presencial

-A través do correo electrónico do colexio (ceip.illaverde@edu.xunta.es)

As solicitudes que poden realizar a través do e-mail do colexio son as seguintes:

  • SOLICITUDE DE CERTIFICADOS

Os interesados terán que cubrir a solicitude e remitila ao correo electrónico do colexio. Na maior brevidade posible poñerémonos en contacto para concretar a entrega do certificado. Os interesados terán que recoller persoalmente os certificados. No caso de non poder recoller o certificado persoalmente a persoa que veña a recollelo deberá traer unha autorización asinada  e copia do DNI do interesado. Certificados que poden solicitar:

-      CERTIFICADO DE MATRÍCULA

-      CERTIFICADO DE MATRÍCULA CON FALTAS DE ASISTENCIA

-      CERTIFICADO DE ESCOLARIDADE (EXB)

-      CERTIFICADO DE GRADUADO ESCOLAR (EXB)

-      CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

-      OUTROS (especificar no modelo)

SOLICITUDE DE CERTIFICADOS. PREMA AQUÍ

 

AUTORIZACIÓN PARA QUE OUTRAS PERSOAS RECOLLAN O CERTIFICADO. PREMA AQUÍ

 

INFORMACIÓN REQUISITOS PARA OBTER CERTIFICADO CELGA. PREMA AQUÍ

 

  • SOLICITUDE DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO PARA USOS NON ESCOLARES

Os interesados terán que asinar a solicitude con certificado dixital de persoa física ou xurídica e remitila ao e-mail do centro (aplicación autofirma). Tamén poden entregar a solicitude na secretaría do colexio.

SOLICITUDE DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO PARA USOS NON ESCOLARES. PREMA AQUÍ

 

  • SOLICITUDE DE EXENCIÓN DA LINGUA GALEGA (5º E 6º ED. PRIMARIA)

Os interesados terán que asinar a solicitude con certificado dixital e remitila ao e-mail do centro (aplicación autofirma). Tamén poden entregar a solicitude na secretaría do colexio.

SOLICITUDE DE EXENCIÓN DA LINGUA GALEGA. PREMA AQUÍ

 

NORMATIVA QUE REGULA A EXENCIÓN DA LINGUA GALEGA. PREMA AQUÍ

 

  • SOLICITUDE DE ENTREVISTA/REUNIÓN

Os interesados terán que cubrir a solicitude e remitila ao e-mail do colexio. Na maior brevidade posible poñéremonos en contacto para concretar a data e hora da entrevista/reunión.

As reunións de titoría serán os martes entre as 16:00 h e as 17:00 h. É necesario solicitar a reunión con anticipación para falar cos especialista e organizar o tempo dispoñible.

As reunións cos membros do equipo directivo, orientadora, ... requiren solicitar previamente unha cita.

SOLICITUDE DE ENTREVISTA/REUNIÓN. PREMA AQUÍ

 

  • SOLICITUDE XENÉRICA

No caso de que desexen realizar unha solicitude distinta ás anteriores poden empregar este modelo de solicitude xenérica. Os interesados terán que cubrir a solicitude e remitila ao e-mail do colexio. Na maior brevidade posible estudiaremos e daremos resposta a vosa solicitude.

SOLICITUDE XENÉRICA. PREMA AQUÍ
Distribuir contido


by Dr. Radut