• CONTIDOS
  • PORTAL EDUCATIVO
  • RECURSOS EDUCATIVOS
  • SEM CORREO

CEIP Rosalía de Castro

  • aula virtual
  • album de fotos
  • organigrama
  • calendario escolar
  • actividades extraescolares

Secretaría.

  • Novas de interese
  • Proceso de admisión
  • Libros de texto e materiais escolares.
  • Proxecto E-dixgal

O centro

  • O centro
    • Datos do centro
    • Localización
    • Obxectivos do centro
    • Avaliacións
    • Datas das entrevistas co profesorado
    • Horario
    • Calendario escolar
    • PAS
    • Orientacións prácticas
    • Enlaces de interese

Profesorado

  • Equipos de Ciclo.

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Período de Adaptación en Educación Infantil. Curso 2020 - 2021

loli — Ven, 04/09/2020 - 12:42

Debido ás circunstancias excepcionais derivadas da situación epidemiolóxica que estamos a vivir as reunións escolares de principios de curso non se van poder celebrar, alomenos, de momento. Avisaremos, para facelas de xeito presencial, cando isto sexa posible. 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/08/29/galicia-adapta-estrategia-contra-covid-restricciones-localizadas/0003_202008G29P2993.htm

PERÍODO DE ADAPTACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL (información).  Segundo a Orde do 25 de xuño de 3020, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020 - 2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na comunidade Autónoma de Galicia, o período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro poderase prolongar, de forma excepcional este curso escolar, ata o 30 de setembro de 2020.

Dito período servirá para facilitar o paso do neno/a dun espazo familiar e coñecido ao espazo escolar, conseguindo así unha adaptación axeitada para o seu correcto desenvolvemento. Por este motivo, durante estos primeiros días, faremos unha incorporación progresiva das nenas e nenos cun horario reducido e flexible.

(Consulta da listaxe nos Anexos).

 

  • 1 adxunto

INFORMACIÓN CURSO 2020 - 2021

loli — Xov, 03/09/2020 - 22:57

Proximamente, publícaranse na páxina web, as datas e horarios do comezo das clases deste curso 2020 - 2021, así como o Plan de Adaptación COVID 19 do noso centro. 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional publicou unha nova ACTUALIZACIÓN, que parece ser a definitiva,  DO PROTOCOLO DO 22 DE XULLO DE 2020 de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/2021. Poden consultalo neste ENLACE.

OUTRAS NOVAS

As listaxes de usuarios admitidos nos servizos de madrugadores (almorzo) e comedor (xantar) para o mes de setembro de 2020 poden consultarse chamando ao Concello, á empresa que oferta o servizo, ou ben, na porta de acceso ao centro educativo pola Rúa Cambria. Recordarlle ás familias que o centro educativo non xestiona o servizo de comedor.

  NOTA INFORMATIVA COMEDOR ESCOLAR

 

  • Secretaría.Novas de interese.

Solicitude de axuda para material escolar no segundo ciclo de educación infantil, curso 2020-2021

loli — Xov, 03/09/2020 - 12:38

EDUCACIÓN INFANTIL. AXUDA DO CONCELLO DE LUGO PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021

Axuda do Concello de Lugo para material escolar destinada ao alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil. Prema aquí. 

Prazo de presentación: Prorrogada ata o 15 de setembro

Lugar de presentación: rexistros administrativos que establece a Lei 39/2015 e a través da sede electrónica do Concello de Lugo.

  • Secretaría.Novas de interese.

FONDO SOLIDARIO. AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2020 - 2021

loli — Xov, 02/07/2020 - 10:25

FONDO LIBROS. CURSO 2020 - 2021

  • Publicación da listaxe provisional: 6 de xullo
  • Reclamación á listaxe provisional: 7 e 8 de xullo
  • Publicación da listaxe definitiva: 9 de xullo
  • Entrega de libros do fondo solidario: na primeira semana lectiva do mes de setembro

AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL. CURSO 2020 - 2021

  • Entrega de vales de libros de texto e material ( 1º e 2º de educación primaria): venres, 10  e, luns, 13 do mes de xullo. As familias que non pasen polos vales nesas datas, terán que esperar ata setembro para poder recollelos. 
  • Novas de interese
  • Secretaría.Novas de interese.
  • 1 adxunto

Matricula do novo alumnado. Curso 2020 - 2021

loli — Ven, 26/06/2020 - 10:18

PRAZO: DO 1 AO 10 DE XULLO

DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR A MATRICULA

ANEXO III da Orde que regula o procedemento de admisión.

Impreso de recollida de datos xerais.

Autorización para o uso de imaxes polo centro educativo

Autorización para participar nas saídas e actividades complementarias

Cuestionario para familias sobre a lingua materna (só para alumnado de 4º de infantil)

Opción sobre o ensino/ou non de Relixión Católica

As familias do novo alumnado que se matricula no centro poden descargar e cubrir os impresos que aquí se relacionan, ou ben, pasar a recollelos pola Secretaria do centro educativo.

 

 

  • Proceso de admisión
  • Secretaría.Novas de interese.
  • 7 adxuntos

Listaxes libros de texto para o vindeiro curso 2020-2021

loli — Mér, 24/06/2020 - 18:04

 

 Nos arquivos adxuntos poden ver a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020 - 2021. 

  • 4º de E. Infantil
  • 5º de E. Infantil
  • 6º de E. Infantil
  • 1ºde E. Primaria
  • 2º de E. Primaria
  • 3º de E. Primaria
  • 4º de E. Primaria
  • 5º de E. Primaria
  • 6º de E. Primaria
  • Libros de texto e materiais escolares.
  • Secretaría.Novas de interese.
  • 1 adxunto

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO. CURSO 2020/2021

loli — Ven, 19/06/2020 - 10:47

 

As listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido están expostas no taboleiro interior do centro (administración) dende o día 18 de xuño ás 14:00 h. As familias poden acceder a listaxe de xeito non presencial a través da aplicación admisión alumnado empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica de Moeda e Timbre.

  • Secretaría.Novas de interese.

INSCRICIÓN COMEDOR/ALMORZO CONCELLO DE LUGO. Curso 2020 - 2021

loli — Mér, 17/06/2020 - 12:47

Ábrese o prazo para a INSCRICIÓN nos servizos da escola aberta (comedor e / ou almorzo) do Concello de Lugo. Nos adxuntos teñen os procedementos e condicións de admisión para o vindeiro curso. Están a levarse a cabo protocolos de acción seguindo as últimas indicacións das autoridades sanitarias, que serán dinámicas e acordes coas últimas indicacións emitidas. Adxúntase folla informativa, así como os ficheiros, tanto para o rexistro (para usuarios novos ou antigos que necesiten modificar datos), como para a renovación (usuarios que xa se rexistraron no servizo e gardan os mesmos datos persoais (nome, enderezo) , teléfonos, correo electrónico, IBAN, etc.)

Tamén se lles informa que se reenviará un correo similar a tódolos usuarios que entregaron a ficha nos últimos dous anos, e especificaron nela correo electrónico.

Como todos os anos, as follas deben entregarse no rexistro (ben por vía electrónica ou persoalmente, solicitando cita no 010)

O prazo para presentar as solicitudes é entre o 15 de xuño e o 31 de xullo.

  • Secretaría.Novas de interese.
  • 4 adxuntos

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021

loli — Mar, 19/05/2020 - 09:34

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído

  •  Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)
  • Extracto da Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)
  • A solicitude pode ser efectuada por pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado, e será única para tódas as fillas e fillos, sendo o medio de presentación preferible a aplicación informática fondolibros, que tramita a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

INFORMACIÓN RELACIONADA


Servizo relacionado: 

Fondolibros

  • Novas de interese
  • Secretaría.Novas de interese.

Adaptación programacións 3º trimestre

loli — Sáb, 16/05/2020 - 22:55

Publicadas as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do vixente curso académico, polas que o profesorado do centro procedeu á adaptación da programación didáctica para centrala, preferentemente, na obtención dos obxectivos e competencias clave da primeira e segunda avaliación, reforzando e consolidando as aprendizaxes máis relevantes e imprescindibles das mesmas, que garanten a continuidade do proceso educativo ao longo da etapa ou unha vez finalizada a mesma. Así mesmo, establécese o procedemento para a cualificación final do alumnado.

 


 

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2019 - 2020

PROGRAMACIÓN 1º PRIMARIA      PROGRAMACIÓN 2º PRIMARIA

PROGRAMACIÓN 3º PRIMARIA      PROGRAMACIÓN 4º PRIMARIA

 PROGRAMACIÓN 5º PRIMARIA     PROGRAMACIÓN 6º PRIMARIA

 PROGRAMACION E. FÍSICA            PROGRAMACIÓN INGLÉS

 PROGRAMACIÓN MÚSICA              PROGRAMACIÓN PLÁSTICA (5º e 6º)

 PROGRAMACIÓN RELIXIÓN          PROGRAMACIÓN ROBÓTICA (4º)

  • Novas de interese
  • Avaliacións
  • 12 adxuntos
  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »
Distribuir contido

Enlace Aula Virtual

O tempo

O tempo en Lugo

booked.net
 
+12
°
C
+12°
+10°
Lugo
Jueves, 16
Martes   +12° +10°
Miércoles   +13° +7°
Viernes   +7° +1°
Sábado   +5° 0°
Domingo   +6° 0°
Lunes   +6° 0°
Previsión para 7 días

Blogs

Blog do equipo da biblioteca

Blog da ANPA

Proxectos

 

Bibliotecas escolares de Galicia

  • aula virtual
  • album de fotos
  • organigrama
  • calendario escolar
  • actividades extraescolares


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013