Profesorado
Iniciar sesión
Fakuade e Stainbrook visitan o Rosalía
loli — Dom, 05/03/2017 - 19:02
Os alumnos rendiron un grande recibimento aos xogadores do Cafés Candelas
Matt e Michael visitaron varias aulas do noso centro onde os alumnos e mestre, sempre en inglés, tiñan preparadas presentacións resumindo a traxectoria dos dous breoganistas, unha ampla serie de preguntas sobre diversos temas e algunha sorpresa como un Happy Birthday cantado a ámbolos dous xogadores que celebran os seus respectivos aniversarios durante estas datas. Tamén houbo agasallos como unha medalla de lembranza para cada un conmemorativa da visita ou algunha caricatura coa que se atreveron os nosos alumnos..
Esta iniciativa encádrase no programa de promoción do deporte e colaboración con proxectos educativos e sociais que leva a cabo o CB Breogán co patrocinio da Deputación de Lugo.
MÁIS FOTOS SOBRE A VISITA NA PÁXINA DE FACEBOOK DO CLUB BALONCESTO
TropaVerde e o Concello premian a reciclaxe no noso centro
loli — Dom, 05/03/2017 - 18:25

CARREIRA SOLIDARIA NO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA
loli — Mér, 15/02/2017 - 20:37
Como noutras ocasións o noso centro volveu colaborar coa ONG "Save The Children", neste caso a través dunha CARREIRA SOLIDARIA. Moito máis que unha actividade deportiva, a carreira Quiilómetros de Solidariedade permite traballar na defensa e promoción dos Dereitos da Infancia.
Os alumnos e alumnas do noso centro deron o mellor de sí mesmos e, pasiño a pasiño, cada un o seu rítmo, foron chegando á meta para axudar a quen máis o necesita. Grazas ao seu esforzo e á colaboración dos familiares, a cantidade recadada foi de 1834 €.
GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN
ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2016 / 2017
loli — Mér, 01/02/2017 - 14:24
NOVAS
Dende o día 1 ao 20 do vindeiro mes de marzo, poden proceder á solicitude de admisión para o novo alumnado.
Teñen a súa disposición a solicitude na secretaria do centro.
A novidade deste ano é que poden cubrir a solicitude online. En todo caso, sexa admisión ou reserva de praza (só no caso dos alumn@s de 6º de primaria), deberá ser presentada no centro.
Zona influencia centro - zona criterio complementario (cor amarela - cor rosa)
Criterio complementario
NADAL 2016
loli — Ven, 06/01/2017 - 01:19
RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR
loli — Lun, 14/11/2016 - 09:30
AVISOS
CALENDARIO DEFINITIVO DE ACTUACIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Para calquera dúbida ou información poden consultar nesta páxina no apartado de secretaría en Renovación parcial do Consello Escolar, no taboleiro da entrada pegado á biblioteca, ou no propio Centro.
Poden ver todo o relativo á normativa referida ao nomeamento e constitución dos Consellos Escolares no seguinte enlace..
DECRETO 92/88 do 28 de abril. (DOG 29/04/88)
ART. 34, 35, 36 e 37, relativos ao profesorado.
ART. 38, 39, 40 e 41, relativos aos pais/nais ou titores legales do alumnado do centro educativo.
LISTAXES DEFINITIVAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO
loli — Ven, 30/09/2016 - 12:47
LISTAXES DEFINITIVAS das actividades extraescolares subvencionadas polo concello.
Debido a que o número de solicitudes foi superior ao número de prazas ofertadas, procedeuse a realizar un sorteo coa letra do apelido pola que comezar a adxudicar as mesmas - letra R, no caso de patinaxe, letra F, en xadrez -.
Baile galego: Infantil e de 1º a 6º de primaria
Patinaxe: de 1º a 6º de primaria
Xadrez: de 1º a 6º de primaria
RECORDATORIO: Para CONFIRMAR ou REXEITAR a INSCRICIÓN nas ditas actividades deberán pasar pola SECRETARÍA do centro.
INFORMAMOS ÁS FAMILIAS QUE, NAS ACTIVIDADES QUE HAXA LISTA DE ESPERA, NO CASO DE NON PRESENTARSE O PRIMEIRO DÍA DA ACTIVIDADE, E NON XUSTIFICAR A FALTA PREVIAMENTE (OU AO DÍA SEGUINTE), CAUSARÁN BAIXA AUTOMATICAMENTE EN DITA ACTIVIDADE.
Beca para alumnos/as con necesidades educativas especiales 2016/2017
loli — Mar, 13/09/2016 - 17:18
Xa se pode solicitar a beca para alumnos/as con necesidades educativas especiales 2016/2017
O BOE do pasado sábado 6 de agosto publicaba o extracto da nova Convocatoria para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2016/2017.
Estas axudas poden solicitalas os alumnos que presenten necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta e que estean nos seguintes niveis educativos:
Educación Infantil.
Educación Primaria.
Educación Secundaria Obrigatoria.
Bacharelato. Ciclos formativos de grao medio e superior. Ensinos artísticos profesionais. Formación Profesional Básica.
Tamén poden solicitala os que teñan necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais nos seguintes niveis:
Educación Primaria.
Educación Secundaria Obrigatoria. Bacharelato. Ciclos formativos de grao medio e superior. Ensinos artísticos profesionais.
Lembrade que esta bolsa pódese solicitar na Sede electrónica do MECD ata o 29 de setembro.
Texto completo da Convocatoria para alumnos con necesidade específica de apoio educativo 2016/2017
INICIO CURSO 2016/2017
loli — Mar, 06/09/2016 - 19:59
COMEZO DAS CLASES O DÍA 12 DE SETEMBRO DE 2016 PARA TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS DE E. INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA, EN HORARIO DE 9:00 H A 14:00 H, AGÁS PARA O ALUMNADO DE 4º DE E. INFANTIL QUE O FARÁ SEGUINDO O PERÍODO DE ADAPTACIÓN QUE PODEDES VER NO DOCUMENTO ADXUNTO.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »
