Skip to Content

SIMULACRO

Estimadas familias:

 O vindeiro venres, día 27 de novembro, realizaremos un simulacro de incendio no noso centro. Haberá un cada trimestre e ao ser o primeiro do presente curso, toda a comunidade educativa terá coñecemento do mesmo. Sirva esta nota para evitar alarmas innecesarias.

 

Un saúdo

O equipo directivo

 

Casting TVG

Desde a TVG están preparando un programa especial de Nadal "pequenos fenómenos", onde os protagonistas son nenos e nenas que lle gusta cantar.

Os requisitos para entrar no proceso de selección son:

* Ter un máximo de 13 anos

* Enviar un par de vídeos da rapaza ou rapaz cantando a canción que queira (serve música moderna, tradicional, en galego, castelán, inglés...) sobre unha base musical. Serán vídeos de móbil.

Para máis información e incrición no casting, podedes chamar o 981509202

Magosto 2015

O venres día 13 de novembro de 2015 celebramos o Magosto. Nesta presentación poderedes ver algunhas fotos e anacos de videos.

 

SAMAIN 2015

Boas a tod@s. Xa podedes ver a celebración do Samaín 2015. Esperemos que vos guste. Saudos

 

Celebración do "Día da biblioteca"

O día 24 de outubro celebrouse o "Día Internacional das Bibliotecas". Este ano, como o día 24 foi sábado, no noso colexio celebrámolo o día 23, que foi venres. E para celebralo como se merecía, tivemos connosco a un "vello amigo", pois visitounos o escritor e animador cultural Anxo Moure, que xa estivera connosco nunha ocasión anterior, deixándonos un grato recordo do seu paso polo Centro. Foron catro sesións de animación e contacontos que fixeron as delicias dos nosos nenos e nenas, desde os máis pequenos ata os maiores. Grazas Anxo polo teu bó facer e pola túa disposición a estar no noso Centro nun día tan señalado. Ata pronto, amigo! Deixovos unha foto de Anxo.

 

 

Deixovos tamén unha publicación da Asesoría de Bibliotecas Escolares elaborada con ocasión desta celebración:

"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, enviará en breve a todos os centros públicos como reforzo das actuacións da biblioteca escolar e para apoiar a visibilidade dos seus recursos e das súas oportunidades de aprendizaxe. 

A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO,  e ten suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do alumnado.

En efecto, a biblioteca escolar pode ser a base desde a que explorar o mundo real, pero tamén os mundos imaxinarios; os materiais impresos e os recursos electrónicos achégannos informacións sobre todo aquelo que queremos coñecer e comprender; é un espazo para a investigación individual e para o traballo en equipo; é un espazo integrador cheo de oportunidades de aprendizaxe.

O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido. 

Felices lecturas!

 

 

Obras

O mércores día 21 de outubro comezaron as obras nos patios de  Rosalía e Conchases.

 

HORARIO CENTRO 2021-2022

 ENTRADAS

EDUCACIÓN INFANTIL:

Abriranse as portas ás 8:45h e o  alumnado irá entrando escalonadamente as súas aulas, segundo vaia chegando ao centro. As portas pecharanse ás 9:00.

Un proxenitor poderá acompañar ao  alumnado ata a porta de entrada

Non se poden facer xuntanzas e pedimos que as familias non se queden nos portalóns ,nas beirarrúas nin no parque infantil.

  • 4º Ed. Infantil: Porta da súa aula
  •  Ed. Infantil: Porta da súa aula
  •  Ed. Infantil : Porta Rosalía 2 (onde esta a caseta)

EDUCACIÓN PRIMARIA:

Abriranse as portas ás 8:45h e o  alumnado irá entrando escalonadamente, segundo vaia chegando ao centro. Haberá un profesor de garda en cada entrada ,botando hidroxel e dando paso aos alumnos/as que subirán directamente ás súas aulas, sen facer fila, onde os estará esperando o titor/a. Os proxenitores non poden acceder ao recinto escolar.

 

  • 1º e 2º curso: Porta Conchases 1
  • 3º e 4º curso: Porta Conchases  2
  • 5º e 6º curso: Porta Rosalía 1

Non se poden facer xuntanzas e pedimos que as familias non se queden nos portalóns ou nas beirarrúas.

SAÍDAS:

EDUCACIÓN INFANTIL:

  • 4º de E.Infantil (3anos): 13:50h.
  • 5º de E.Infantil:  14:00h.
  • 6º de E.Infantil: 13:50h 

O alumnado sairá polas portas da súa aula. No momento de recoller aos nenos/as farase unha saída inmediata do centro, para evitar aglomeracións.

 

EDUCACIÓN PRIMARIA:

 

  •  2º , 4º e 6º curso : 14:00h.
  • 1º, 3º e 5º curso:  13:50h.

    O alumnado sairá pola porta que entraron. No momento de recoller aos nenos/as farase unha saída inmediata do centro, para evitar aglomeracións (só entraran no recinto escolar os pais/nais de  1º e 2º curso)

MATRÍCULA CURSO 2015 - 2016

Ábrese o prazo de matrícula para o curso 2015 - 2016.

Periodo: do luns, 22 de xuño ao martes 30 de xuño

Documentación necesaria:

   (véxase arquivo que se xunta)

REVISTA 2017

Xa podedes ver a revista escolar 2017. FAI CLICK!!

 

REVISTA ECOLAR 2017

 

 

"II Concurso de acrósticos de amor"

Queremos invitar a toda a Comunidade Educativa (alemnos, familias e mestres) a participar no "II Concurso de acrósticos de amor". Que é un acróstico? Pois...

A PLÍCASE ÁS

Distribuir contido


by Dr. Radut