Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL

Instituído no ano 2011, o 15 de febreiro é desde aquela o Día Internacional contra o Cancro Infantil para sensibilizar sobre os desafíos cotiáns que enfrontan enfermos e familias e lograr que todos teñan acceso a un diagnóstico e tratamento axeitados. Un lazo dourado simboliza este día. 

 

SAMAÍN

Estimadas familias:

Recordade que mañá celebramos o Samaín no colexio cunha chocolatada e os nenos e nenas poderán vir vestidos con disfraces relacionados co tema (bruxas, esqueletos, pantasmas...). Tamén vos informamos que o próximo 31 de outubro e 1 de novembro, non haberá clase, por ser o Día do Ensino e día festivo respectivamente. Un saúdo.

ACTUACIÓN SERVANDO BARREIRO

No seguinte vídeo podedes ver unha pequena mostra da actuación de Servando Barreiro coa que festexamos o día das bibliotecas.

Festa do Marisco 2016

Xa temos preparados os carteis para as zonas do aparcadoiro da Festa do Marisco 2016.!!

 

GRADUACIÓN 6º EDUCACIÓN INFANTIL

Queridos papas, mamás, avós e avoas de educación infantil: 

Estades invitados a compartir con todos nos o acto de graduación do alumnado de 6º de infantil que terá lugar no ximnasio do colexio o martes día 21 de xuño ás 10:30. Contamos coa vosa presenza!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut