Skip to Content

RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO IES MONTE DA VILA

A partir do 1 de febreiro ábrese o prazo para facer a reserva no IES Monte da Vila, centro ao que estamos adscritos. A reserva pode facerse na aplicación web da Xunta ou cubrindo unha solicitude que será facilitada pola secretaria do centro.

Nota informativa

Por outra banda dende o día 1 ata o 20 de marzo, ámbolos dous inclusive, estará aberto o período de solicitude de praza para o curos 2020-2021 no procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacherelato

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 "No hay camino para la Paz. La Paz es el camino” Mahatma Gandhi

   Hoxe, día 30 de xaneiro, celebramos o día escolar da no violencia e  da Paz no noso centro. Un día cheo de receitas,música, bailes e moitas apertas.

A continuación podedes ver a "DANZA DA PAZ" ( Música de Mamá Cabra)

 

INFORMACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Comunícase que se inicia o período para as eleccións ao Consello Escolar do centro. Neste proceso toca renovar 3 membros do sector pais/nais, e un membro do sector profesorado.

O calendario de todo o proceso estará exposto no taboleiro de anuncios do centro, comezando coa constitución da Xunta Electoral que será quen velará polo desenvolvemento das eleccións.

A Xunta electoral está formada por:

Presidente : Director

Vocal – Secretario : 1 profesor titular/1 profesor suplente

 Vocal : 1 pai titular/1 pai suplente

 Vocal : 1 persoal non docente

Esta elixirase o mércores  día 7 de novembro mediante un sorteo público a celebrar na biblioteca do centro ás 14:15 horas, e do cal o resultado será comunicado aos interesados.

A Xunta Electoral constituirase o xoves, día 8 de novembro.

Debido á importancia da representación dos pais no C. Escolar animámolos a participar en todo o proceso.

 

DÍA DA PAZ

O martes 30 de xaneiro conmemoramos o día Internacional da Paz. No seguinte vídeo poderedes ver un unhas danzas que se interpretaron no patio do centro, así como a lectura dun libro de normas. Esperemos que vos gusten.

Actuación Nadal

Xa podedes visualizar a última actuación de nadal. Sentimos dicirvos que a actuación de Educación Infantil non se pode ver porque o vídeo está dañado. Si atopamos unha gravación subirémola. Grazas

s

Distribuir contido


by Dr. Radut