Skip to Content

ANPA

FOTOS FESTA AUGA 2015

Pinchando na imaxe podedes ver as fotos da festa da auga.

 

videos

 

Xuntos por unha Educación pública, igualitaria e de calidade

Durante a mañá de hoxe tivo lugar unha concentración na entrada do Ceip Rosalía de Castro, a convocatoria da mesma realizouna a ANPA do centro baixo o lema: "Xuntos por unha Educación pública, igualitaria de de calidade".

Pretendíase mostrar a unión existente entre o centro e as familias en desacordo coas medidas tomadas recentemente pola Administración no referente ao horario dos mestres e á calidade do ensino.

Desde o centro queremos agradecer con toda sinceridade o apoio e a axuda por parte das familias.

Para ver todas as imaxes da xornada, premede na imaxe de abaixo.

                     

E para rematar, este pequeno vídeo que serve como alegato:

Traballos do "Taller de Pintura"


Chega a fin de curso e é o momento de mostrar os froitos do traballo sementado. Os alumnos/as que este curso participaron no "Taller de Pintura" organizado pola ANPA do Ceip Rosalía queren ensinarnos o moito que aprenderon e o talento que teñen.


Por iso fixeron unha exposición no colexio, para que disfrutemos das súas obras de arte. Na imaxe podes comprobalo, aínda que o apreciarás moito máis se te acercas ao colexio e observas "in situ" desta exposición.

Distribuir contido


by Dr. Radut