CEIP Rosalía de Castro - O Grove
Durante a mañá de hoxe tivo lugar unha concentración na entrada do Ceip Rosalía de Castro, a convocatoria da mesma realizouna a ANPA do centro baixo o lema: "Xuntos por unha Educación pública, igualitaria de de calidade".
Pretendíase mostrar a unión existente entre o centro e as familias en desacordo coas medidas tomadas recentemente pola Administración no referente ao horario dos mestres e á calidade do ensino.
Desde o centro queremos agradecer con toda sinceridade o apoio e a axuda por parte das familias.
Para ver todas as imaxes da xornada, premede na imaxe de abaixo.
E para rematar, este pequeno vídeo que serve como alegato:
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |