Skip to Content

Secretaría

Calendario do curso 23/24 e resumo das normas do centro

Periodos vacacionais, datas non lectivas, datas de entrega boletíns, conmemoracións e resumo dalgunhas normas importantes do centro no curso 23/24

CLICA NA IMAXE DE ROSALÍA.  

 

Ampliación axuda de material

Tal como se recolle no DOG do 14 de outubro, as persoas que xa foron beneficiarias de axuda para adquirir material escolar (50 euros) ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2022, poderán recoller o vale para adquirir material escolar por importe de 25 € adicionais no respectivo centro docente. Podedes  recollelo entre o 18 de outubro e o 30 de novembro, en horario de secretaría, de 13:15 a 14:00 h

Distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2020/21 c

A Xunta acaba de convocar a axuda para máscaras, destinada a alumnado de primaria e secundaria. Tedes dereito automaticamente a ela se fostes beneficiarios da axuda de material (50 euros) neste curso. Se non tivestes esta axuda porque se vos pasou o prazo , por descoñecemento da mesma ou por ser alumnado de nova incorporación podedes solicitala no centro ( recordade pedir cita por teléfono)

Requisitos para poder solicitar dita axuda:

 • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

Prazo para presentar a solicitude:

Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Ofcila de Galicia:10 días hábiles a partr do seguinte á publicación no Diario Ofcial de Galica, é dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020. 

Orde da solicitude:

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

Aqui podedes descargar a solicitude:

Anexo I e II

As máscaras repartiranse aos alumnos/as beneficiarios dende o centro, unha vez publicada a lista oficial ( a finais de novembro) . 

Distribuir contido


by Dr. Radut