CEIP Rosalía de Castro - O Grove
A Xunta acaba de convocar a axuda para máscaras, destinada a alumnado de primaria e secundaria. Tedes dereito automaticamente a ela se fostes beneficiarios da axuda de material (50 euros) neste curso. Se non tivestes esta axuda porque se vos pasou o prazo , por descoñecemento da mesma ou por ser alumnado de nova incorporación podedes solicitala no centro ( recordade pedir cita por teléfono)
Requisitos para poder solicitar dita axuda:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%
Prazo para presentar a solicitude:
Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Ofcila de Galicia:10 días hábiles a partr do seguinte á publicación no Diario Ofcial de Galica, é dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020.
Orde da solicitude:
Aqui podedes descargar a solicitude:
As máscaras repartiranse aos alumnos/as beneficiarios dende o centro, unha vez publicada a lista oficial ( a finais de novembro) .
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |