886151434

 

 

   

Actuación Nadal

Xa podedes visualizar a última actuación de nadal. Sentimos dicirvos que a actuación de Educación Infantil non se pode ver porque o vídeo está dañado. Si atopamos unha gravación subirémola. Grazas

s

DAMOS A BENVIDA Ó NADAL

Nenos e nenas de 6º dánlle a benvida ó Nadal coa canción " La luz que nace en ti" de la Oreja de Van Gogh

 


CAMIÑO ESCOLAR SEGURO

 Os nenos/as de 5º paseamos polo noso concello da man de Ana (policía local do mesmo), a cal nos mostrou os camiños escolares seguros que debemos percorrer se vimos andando sós ao colexio. Neles, podemos recoller en diferentes puntos de encontro aos nenos/as máis pequenos ca nós!! Foi unha experiencia moi divertida e de proveito diario!! Agora, só nos queda poñelo en práctica!! Sorriso

REUNIÓN EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias:

O equipo Docente do Ceip Rosalía de Castro convócaos a unha reunión que se celebrará o día 19 de setembro, onde os titores/as tratarán cuestións de especial relevancia para a educación dos seus fillos/as e temas relacionados coa normativa do centro. 

 O HORARIO É O SEGUINTE:

- 16:15 reunión 1º, 2º e 3º curso

- 17:15 reunión 4º, 5º e 6º curso

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Nas respectivas aulas

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS - LISTAS PROVISIONAIS de ADMITIDOS e EXCLUÍDOS

Nos arquivos adxuntos, poden consultar a listaxe provisional do alumnado de 4º e 6º de Primaria que se vai beneficiar do servizo de préstamo de libros do fondo solidario do centro, así como a listaxe provisional de excluídos.

Lembren que estos últimos teñen un prazo de dous días (vindeiros mércores día 12 e xoves 13 de Xullo) para resolver as deficiencias observadas.

Distribuir contido

Back to top