Skip to Content

DAMOS A BENVIDA Ó NADAL

Nenos e nenas de 6º dánlle a benvida ó Nadal coa canción " La luz que nace en ti" de la Oreja de Van Gogh

 


CAMIÑO ESCOLAR SEGURO

 Os nenos/as de 5º paseamos polo noso concello da man de Ana (policía local do mesmo), a cal nos mostrou os camiños escolares seguros que debemos percorrer se vimos andando sós ao colexio. Neles, podemos recoller en diferentes puntos de encontro aos nenos/as máis pequenos ca nós!! Foi unha experiencia moi divertida e de proveito diario!! Agora, só nos queda poñelo en práctica!! Sorriso

REUNIÓN EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias:

O equipo Docente do Ceip Rosalía de Castro convócaos a unha reunión que se celebrará o día 19 de setembro, onde os titores/as tratarán cuestións de especial relevancia para a educación dos seus fillos/as e temas relacionados coa normativa do centro. 

 O HORARIO É O SEGUINTE:

- 16:15 reunión 1º, 2º e 3º curso

- 17:15 reunión 4º, 5º e 6º curso

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Nas respectivas aulas

PREMIOS CONCURSO MAQUETAS

Xa sabemos os premiados no concurso de maquetas:

 1º PREMIO: 5º A COLEXIO ROSALÍA DE CASTRO

2º PREMIO: 4º A E B ROSALÍA DE CASTRO

Así mesmo, mereceu unha mención especial a mascota NAVALLIÑA. de 3º A (Rosalía de Castro)

ROSALÍATE

Con motivo do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de castro, podedes ver este vídeo. Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut