Skip to Content

INFORMACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Comunícase que se inicia o período para as eleccións ao Consello Escolar do centro. Neste proceso toca renovar 3 membros do sector pais/nais, e un membro do sector profesorado.

O calendario de todo o proceso estará exposto no taboleiro de anuncios do centro, comezando coa constitución da Xunta Electoral que será quen velará polo desenvolvemento das eleccións.

A Xunta electoral está formada por:

Presidente : Director

Vocal – Secretario : 1 profesor titular/1 profesor suplente

 Vocal : 1 pai titular/1 pai suplente

 Vocal : 1 persoal non docente

Esta elixirase o mércores  día 7 de novembro mediante un sorteo público a celebrar na biblioteca do centro ás 14:15 horas, e do cal o resultado será comunicado aos interesados.

A Xunta Electoral constituirase o xoves, día 8 de novembro.

Debido á importancia da representación dos pais no C. Escolar animámolos a participar en todo o proceso.

 



page | by Dr. Radut