Skip to Content

PROXECTA 2017-2018

PLAN PROXECTA CURSO 2017-2018.

     No noso colexio, este curso, tratamos de levar a cabo cos nosos alumnos e as nosas alumnas un proxecto titulado:Hábitos saudables, tanto na alimentación como no coidado persoal a idades temperàs. Con el, tentamos de concienciar aos nenos e nenas da necesidade de ter unha dieta equilibrada e variada rica en froitas e verduras, asì como conciencialos da necesidade de facer deporte y ter bos habitos para o propio coidado persoal. Falarèmoslle da necesidade de aceptarse a un mesmo para estar ben y das consecuencias que ten o uso de malos hábitos.

"Almorzos saudables"

 

     Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º tiveron unha xornada de Almorzos saudables. Este día non so escoitaron os consellos dados pola endocrina que veu ao colexio, onde lles falou da importancia de rebaixar as graxas e os azúcares nas dietas diarias, senon que tamén lles ensinaron como facer un correcto lavado de mans, dentes,...

     A esta charla estiveron convidados os pais, nais e as mestras que estamos metidas no proxecto.

     Logo degustaron como non, un almorzo saudable.

 

 

 

" Xogo de psicomotricidade, agrupámonos"

 

     En distintos recreos de comedor, os nenos e nenas acudían a aula de psicomotricidade a facer o xogo de ". Agrupámonos".

     Con este xogo, ademais de facer exercicio, aprenderon a agruparse según o grupo ordenado: VITAMINAS, PROTEÍNAS, HIDRATOS DE CARBONO.

 

 

 

" Decoramos o noso comedor "

     Todos os nenos e nenas colaboramos xunto coas titoras que participaron no proxecto na decoración das paredes do noso comedor escolar. Nelas debuxamos recomendacións de bos hábitos de saúde, normas de comedor e como non, debuxamos unha pirámide de alimentos, onde antes de comer, colocamos os alimentos que iamos a comer segundo ao grupo que pertenecen.

 

 

 

 

 

"A pesca de alimentos"

 

Logo de aprender o nome en inglés dalgúns alimentos que non deben faltar nunha dieta saudable, fixemos a pesca de alimentos segundo aportasen VITAMINAS, PROTEÍNAS OU HIDRATOS DE CARBONO, todo un éxito!. QUE BEN O PASAMOS!

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut