O venres, 15 de novembro, o alumnado de 5º e 6º fomos de excursión á Coruña.
Visitamos o acuario. Vimos a Gastón, o tiburón máis grande, pero tamén había máis tiburóns, polbos, ovos de peixes, un peixe que tiña unha luz na súa cabeza chamado peixe pescador. Noutro acuario estaba Nemo, o peixe paiaso, e vimos moitos animais mariños máis.
O guía que tivemos en 6º chamábase Óscar e explicounos moitas cousas interesantes.
Xantamos nun centro comercial.
Despois fomos ao MUNCYT. Alí había parte dun avión, moitos obxectos antigos como unha moto, unha consola, un coche, unha televisión... Fixemos probas en equipos para atopar obxectos.
Pasámolo xenial!
ADRI E DIEGO, 6ºA