Skip to Content

Non máis princesas! - Educación para a Igualdade

Non máis princesas” é un espectáculo de narración oral no que se narran dous pequenos contos que teñen como obxectivo a promoción da igualdade de xénero e a coeducación, dunha maneira activa, dinámica e divertida.

Brandariz (o narrador oral) comeza contado o conto “Cando as nenas voan alto” onde tres nenas acadan os seus obxectivos superando todas as trabas e obstáculos que o sistema machista e patriarcal lles pon. Acadan obxectivos, rompen barreiras e logran unirse con outras moitas nenas e mulleres para cambiar o mundo no que vivimos e facelo mellor.

A continuación, narra o conto “A fantasma Cataplasma” no que Cataplasma é invitado a unha festa de fantasmas. Que ilusión! Fai 400 anos que non recibe unha carta e moito máis que non vai a unha festa, pero ten un problema….fai tanto tempo que non sae do Torreón onde vive que a súa sábana está sucia e chea de teas de araña e non sabe como limpala. O único que se lle ocorre é ir á casa do seu veciño, o Ogro, para que lle axude. Conseguirá limpar a sábana e ir á festa?

O álbum elixido (aid = 182) non ten ninguha imaxe, ou non é público!


album | by Dr. Radut