Skip to Content

AbalarMóbil para as familias

A comunicación entre as familias e o centro educativo é un elemento facilitador da mellora dos procesos educativos.

A Consellería de Educación pon a disposición da nosa comunidade un aplicativo que pode contribuír a unha comunicación máis áxil, rápida e continua: AbalarMóbil.

AbalarMóbil permite as seguintes funcionalidades:

  • Consultar as cualificacións.
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia.
  • Solicitar unha cita de titoría.
  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado.
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou o centro educativo.
  • Un sistema de mensaxería entre familias e profesorado. (A partir da versión 1.3)

Está dispoñible nas tendas de aplicativos Google Play (para Android) e App Store (para iOS). É gratuíto.

Desexaríamos, dada a facilidade do seu uso e a inmediatez da comunicación, que consideraran a instalación desta app no seus sistemas móbiles para beneficiarnos todos.

Máis información, nesta páxina da Consellería de Educación.

Adxuntamos unha guía de uso para as familias:

AdxuntoTamaño
guia-mobil-familias-galego.pdf1.74 MB


page | by Dr. Radut