Skip to Content

30 de xaneiro

Para  conmemoración O DÍA DA PAZ fixemos varias actividades:

  • Dende a biblioteca do centro fixemos unha pequena escolma de libros.
  • O alumnado que participou na gravación do baile de Clan ensinoulle a compañeiros doutros cursos a coreografía.
  • O coro do colexio ensaiou e gravou a canción VOAMOS, na nosa lingua.
  • Todo o centro colaborou nunha actividade plástica "As cores da Paz" que consistía en crear unha colaxe moi colorida do cadro "Guernica" de Picasso, relacionado co PDI A ARTE.
  • Todo o alumnado decorou unha pomba da paz, pero neste caso, tamén chea das cores da paz. Cada nivel dunha cor determinada, para poder formar un arco da vella cando se coloquen axeitadamente na cabeza e nunha orde establecida.

Hoxe, 30 de novembro, todo o alumnado e profesorado saíu ao patio para formar ese arco da vella e bailar ao son da música coa coreografía de VOAMOS.

 



page | by Dr. Radut