Skip to Content

2 de Abril." Día mundial da concienciación do Autismo"

Achégase o 2 de abril "Día Mundial da concienciación do autismo".  Este ano baixo o lema "PODO APRENDER, PODO TRABALLAR", invítasenos a reflexionar sobre o dereito das persoas TEA a unha educación inclusiva que promova o seu éxito académico e persoal. 

"FAI UN XESTO POLO AUTISMO"

Se queredes apoiar esta campaña sacade unha foto sostendo na vosa man un utensilio ou ferramenta. 

Enviade as fotos ao correo: actividadesceippracticas@gmail.com

 

VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

8 de Marzo. Día da muller

Coa chegada do mes de Marzo, imos conmemorar o “mes da muller”, centrado no Plan Proxecta “Donas de sipolo que elaboraremos un dossier dunha muller galega en cada aula, para logo facer entre todos unha exposición.

ENTROIDO 2021

Este ano non puidemos facer desfile, pero pasámolo moi ben coas ordes do meco. Grazas a todos pola vosa participación.

 

GENIALLY ROSALÍA DE CASTRO

     Aquí vos deixamos un Genially sobre a vida de Rosalía de Castro realizado por varios centro de ensino de Galicia para conmemorar o día da autora galega (24 de Febreiro).

     Esperamos que vos guste.

VIDA DE ROSALÍA DE CASTRO Draw My Life

     Nesta entrada poderedes acceder a un DRAW MY LIFE coa vida de Rosalía de Castro narrado por unha alumna do colexio Ourensán San Pio X.

 Esperamos que o disfrutedes.

Obradoiro de máscaras de entroido

Os nosos nenos e nenas de 3º realizaron un divertido obradoiro de máscaras de Entroido. De forma virtual Xaime ofreceulles unhas nocións do entroido de Ourense e cada un elaborou a súa propia máscara.

 

 

11 de febreiro: Día internacional da muller e da nena na ciencia

O día 11 de febreiro celébrase o Día internacional da muller e da nena na ciencia.

Desde a Biblioteca do cole propóñenvos varios recursos. Visítaos!!!!

MULLERES DE CIENCIA

ISABEL ZENDAL

A Coruña. Considerada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como a primeira enfermeira da historia en misión internacional.

https://www.youtube.com/watch?v=T40-qbLGZ98&feature=emb_title

MARGARITA  SALAS

Asturias. Bioquímica española. Licenciada en ciencias químicas, foi discípula de Severo Ochoa. Iniciou  o desenvolvemento da bioloxía molecular en España.,

 

https://www.youtube.com/watch?v=kNbKgonROk8&feature=emb_title

 

MARIE  CURIE

Científica. Polonia.Descubriu os elementos radio e polonio e a súa relación coa radioactividade.

https://www.youtube.com/watch?v=bQ2hCUvsCkM&feature=emb_title

 

Astrónoma estadounidense, pioneira na medición da rotación das estrelas dentro dunha galaxia.

https://www.youtube.com/watch?v=3HRyuM46W20

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=4YTym3zcptg&feature=emb_title

Entroido

Chega o carnaval!

non podemos desfilar,

pero ben o imos pasar

porque o Meco nos ha mandar.

Cada día unha cousa diferente

a escola traerei

coidando a hixiene

   que ben o pasarei!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut