Skip to Content

A nosa biblioteca

NOVIDADES!!!!

HELIES ESTÁ ENCANTADO COAS NOVIDADES QUE CHEGARON Á BIBLIOTECA. ESPERAMOS QUE AS DISFRUTEDES!!. MOI PRONTO ESTARÁN COLOCADAS NOS ANDÉIS, ESPERÁNDOVOS.

VÉMONOS NA BIBLIO!!

 

ALGO ESTÁ A PASAR...

XA SABEDES CARA ONDE IMOS?

11 DE FEBREIRO, 11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.

PODEDES CONSULTAR Á PÁXINA DA ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA TER MÁIS INFORMACIÓN

 

NO CEIP DE PRÁCTICAS FIXEMOS UNHA PEQUENA ESCOLMA PARA UTILIZAR DURANTE A SEMANA

CONTACONTOS POLA PAZ

O DÍA 31 AO ALUMNADO DE INFANTIL AGARDÁBALLES UNHA SORPRESA POLO DÍA DA PAZ...PERO NON PUIDO SER. HOXE ATOPARONSE CON PEDRO BRANDARIZ QUE OS ESPERABA PARA CONTARLLES O CONTO DÚAS ESQUÍOS E UNHA PIÑA.

SEMANA DA PAZ

Na celebración da Semana da Paz este ano haberá contadas na biblioteca para o alumnado de E. Primaria e unha sorpresa o 31 de xaneiro para os nenos e nenas de E.Infantil. Despois de escoitar o conto, realizan un taller de papiroflexia para facer pombas de cores que adornarán os corredores do centro.

DÍA DA ILUSTRACIÓN

O día 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración coincidindo co  nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano homenaxéase  un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Reimundo Patiño.

Desde a biblioteca propoñemos investigar sobre a súa figura e a súa obra.

ALGO ESTÁ A PASAR...

APARECERON ESTES SINAIS NOS CORREDORES DO NOSO CENTRO. SEGURO QUE O ALUMNADO XA VOS ONDE NOS VAN LEVAR...

XA VOS IREMOS CONTANDO!!

AO NOSO CENTRO CHEGOU UNHA MALETA DE LIBROS do CEFORE de Ourense MOI INTERESANTES PARA INFORMANOS SOBRE ESTE TEMA

O NOSO EXPOSITOR PARA ESTE PROXECTO ESTASE ENCHENDO

 

 

MOITAS NOVIDADES NOS NOSOS EXPOSITORES

CLUB DE LECTURA

Moitos dos alumnos e alumnas de 6º de EP participan no club de lectura que puxemos este curso en marcha con axuda dos titores. Un dos grupos elexíu ler o libro ENTRADA de KELLY YANG os outros dous grupos decantáronse por EL CLUB DE LOS RAROS de JORDI SIERRA I FABRA. A ver que nos contan os nenos e nenas desta experiencia.

RECOMENDACIÓNS DE HELIES PARA NADAL

Distribuir contido


by Dr. Radut