Skip to Content

A nosa chave

XOGOS INTERACTIVOS MAGOSTO 2020

      Desta volta traémosvos uns xogos interactivos para conmemorar o MAGOSTO 2020 como se merece:

 

  • EDILIM MAGOSTO PARA EDUCACIÓN INFANTIL.

  • EDILIM MAGOSTO PARA EDUCACIÓN PRIMARIA.

  • EDILIM OUTONO E MAGOSTO PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMEIROS CURSOS EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

      Esperamos que vos AGRADEN.

RECURSOS SAMAÍN 2020

Neste GENIALLY poderedes atopar recursos de abondo para traballar o Samaín nas aulas. Esperamos que vos sexa útil.

 

SAMAÍN 2020 "A CASA DO TERROR"

       Aquí tedes un video musical da canción "A CASA DO TERROR" de Xoan Curiel e a banda do verán. Un tema "TERRORÍÍÍÍÍFICO" para non parar de cantar e bailar.

        

       No arquivo adxunto poderedes ver e descargar a letra da canción en forma de poema... NON PAREDES DE RIMAR E BAILAR!!!!.

SAMAÍN 2020 "A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS"

Aqui vos deixamos un conto de medo, no que o malo é moi malo e... o mellor de todo... acaba "morto" de MEDO.

           

 

 

Tamén vos deixamos un arquivo pdf adxunto coa adaptación deste conto ao teatro por se vos animades a representalo.

Recursos en lingua galega - ESPECIAL COVID 19

       Aquí vos deixamos o enlace a unha páxina con recursos en lingua galega para esta épcoca de COVID 19.

                     

PARA DESPEDIR O CURSO... UN CONTO QUE VEN MOI A CONTO.

      Deixámosvos un conto que fala dos tempos que corren, das palabras, dos dicionarios, dos significados e dos sentimentos... Esperamos que vos guste. BOAS VACACIÓNS!!!!

                         

FOTO MURAL VIRTUAL LETRAS GALEGAS 2020

       Invitámosvos a participar na construción dun FOTO MURAL VIRTUAL que recollera a "nosa esencia" do día das Letras galegas.

        Pois ben, aquí podedes ver o resultado final:

                                                                  Foto mural virtual

 

       Tamén vos deixamos un galería de imaxes coas vosas aportacións no día das Letras Galegas por se preferides ver a "nosa esencia" doutra maneira:

 

            Imaxe galería fotos

 

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR.

 

 

MÁIS RECURSOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Aquí vos deixamos maís recursos para conmemorar o Día das LETRAS GALEGAS 2020:

 

  • En primeiro lugar, a páxina elaborada pola Real Academia Galega dedicada a Don Ricardo Carvalho Calero.

                           Logo Primavera das letras

  • Tamén vos achegamos a páxina creada polo AGAL (Associaçom Galega da Língua),da que Don Ricardo Carvalho Calero era membro de honra, para celebrar esta data.       

               Logo Agal

  • Agora un conto para os máis pequenos e pequenas. Os Bolechas acércannos a Don Ricardo Carvalho Calero.

               Logo Bolechas

  • Por último, non vos esquezades da invitación a participar na elaboración do foto mural virtual para conmemorar o día das LETRAS GALEGAS 2020 na nosa comunidade educativa (máis información na entrada anterior).

LETRAS GALEGAS 2020

 

  • O vindeiro domingo 17 de Maio celebraremos o día das nosas letras, o día das Letras Galegas. Este ano a Real Academia Galega decidiu dedicarlle este día a Don Ricardo Carvalho Calero. Desde o equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro non nos gustaría deixar pasar esta data sen máis. Así convidámosvos a visitar a WEB do "Seminario Galán" onde poderedes atopar fotografías, biografías, recursos para imprimir e xogos en liña sobre  a vida e obra o autor homenaxeado.

                                Cartel Letras Galegas 2020

 

 

  • Se o que queredes é elaborar un marcapáxinas de Ricardo Carvalho Calero, só tedes que premer aquí e descargar.

 

  • Tamén nos comprace invitarvos a crear un foto mural virtual elaborado entre toda a comunidade educativa do CEIP de Prácticas de Ourense para conmemorar este data tan sinalada para as nosas letras. A idea é a seguinte:

Enviade ao longo deste semana e a seguinte unha fotografía na que recollades  "a vosa esencia" do Día das Letras Galegas 2020. Na fotografía pode aparecer unha caricatura ou debuxo do autor homenaxeado este ano ou en anos anteriores; unha frase inspiradora, poema ou cita en lingua galega ou que fale do noso País ou lingua; unha palabra fermosa do noso idioma, un debuxo da bandeira da nosa terra, un ou unha... Sede creativos e animádevos a participar. Seguro que facemos unha homenaxe como se merece a nosa lingua e cultura.

         As fotografías serán enviadas ao correo electrónico: a3ceippracticas@gmail.com

Moitas grazas por participar de antemán.

 

Feliz día das LETRAS GALEGAS

 

Día da Paz 2020

A canción escollida para celebrar o Día da Paz 2020 é de Pablo Díaz, do seu disco TIC-TAC-TOC. Aquí tedes o vídeo:

 
 

Distribuir contido


by Dr. Radut